Nota de prensa
UNIFOZ ,Solicita da Xunta de Galicia o arranxo do acceso a parroquia de Cordido na intersección coa carretera LU-162 (Cangas –Ferreira) .
Atendendo ó manifestado polos veciños da Parroquia de Cordido (Foz) , UNIFOZ presentara unha petición a Xunta Galicia para reclamar melloras en seguridade vial, no cruce LU-162 (Cangas –Ferreira) , tendo en conta as dificultades que os veciños teñen para poder entrar ou sair da parroquia por este acceso, en especial cando o fan dirección Ferreira.
Ó marxen dos veciños da Parroquia, nos últimos tempos ,cada día son mais os veciños que acceden a Cordido por ser un referente en turismo rural , e teñen que facelo con certa inseguridade, polas dificultades deste cruce, pouco sinalizado, nada iluminado e con limitada visibilidade.
UNIFOZ, solicita a realización dun proxecto técnico de mellora deste cruce, atendendo o mencionado anteriormente, no que respecta a falta de seguridade vial , e as posibles consecuencias para os usuarios.