Nota de prensa
OS QUE ACUDAN Á OITAVA RUTA DE TAPAS DE FOZ PODERÁN DEGUSTAR ATA 52 PROPOSTAS NOS 26 BARES, CAFETERÍAS, MESÓNS E RESTAURANTES QUE PARTICIPAN NESTA EDICIÓN.
Foz, 13 de abril de 2011. Os que acudan á oitava ruta de tapas de Foz, que terá lugar os días 22 e 23 de abril, poderán degustar ata 52 propostas nos 26 establecementos participantes.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, encargada da organización desta cita gastronómica, José Carlos Paleo, convida “a veciños e visitantes a degustar algunhas das 52 tapas que se atoparán nos bares, cafeterías, mesóns e restaurantes que participan nesta VIII Ruta. Os hostaleiros ofrecerán eses días o mellor da súa cociña en miniatura coa intención de sorprender coas súas propostas e para ser do agrado de todos os paladares”.
O prezo das tapas será de 1 euro e está previsto que se sirvan de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. Un xurado percorrerá todos os locais para elexir as mellores tapas e os clientes poderán votar polas súas preferidas vía sms. Paleo lembra que “a clientela atopará toda a información nos 26 locais participantes. Ao final haberá tres premios para as mellores tapas desta oitava ruta”.
As tapas son as seguintes: A Maseira (ensalada de carpaccio de pulpo e bacalao villa de Foz); bar A Bolera (bacalao á Bolera, filloa rechea de mar); bar O Amanecer (saquiño de primavera e amenceres de Foz); bar O Chícaro (delicias do Chícaro e O Campudo); bar O Taco (tarteleta O Taco e bolas mariñeiras); cafetería Dallas (peixe espada en salsa de azafrán e polbo aderezado); cafetería Happy Days (delicias Happy Days e tariña de mar); cafetería May-Ros (corpo de cristo e feixoada May-Ros); cafetería Xoyma (bienmesabe e sandalia de pescador); cafetería-pastelería Anduriña (brisa do axexo e chorima); cafetería-restaurante Costumes do Mar (mini hamburguesas de vacuno arxentino e cucuruchos de marisco con salsa de nécoras); cervexería O Fogar do Pelolo (crema galega e brochetas do Pelolo); casa rural El Rincón de Anita (brisa do Cantábrico e sabor de mar); Expréss-Café (marismas e delicias); hostal O Norte (gambas primavera e delicias de lenguado); hotel-restaurante Leytón (bocado de pasión e conchiña de Venus); mesón O Tangarte (decreto de lei e saco de Zapatero); mesón-pulpería A Ribeira (delicias do mar galego e cuncha de marisco); Namarindos (barco de hojaldre recheo de polbo encebolado e puré de pataca e brochetas de boi con salsa á pimenta); O Náutico (pementos recheos e delicias Náutico); pizzería Xoiña (o pincho da crise e non ten carne), restaurante A Farola (airiños do mar e delicias A Farola); restaurante Dandy (zamburiñas con verduras confitadas e espeto de polbo e langostinos); restaurante O Mar (bolos recheos de delicias do mar e pincho de pito moruno con salsa de iogurt e queixo); restaurante-bar O Lar (rolliños O Lar e charlota de lombarda de pito e champiñóns) e vinoteca A Terriña (pudin frío de merluza con maionesa verde e sorpresa de carne A Terriña).






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).