Nota de prensa
Debate no Parlamento
APROBADA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA IMPLANTAR UN SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO NA MARIÑA LUCENSE
-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego valorou positivamente este acordo e emprazou á Xunta “a que no menor tempo posible poña en marcha tódolos mecanismos precisos para que a Mariña de Lugo poida contar con transporte publico”
Santiago, 7 de abril de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe na Comisión 2º do Parlamento para defender unha iniciativa na que reclamou que á Xunta realice un estudio sobre a viabilidade de implantar un servizo de transporte público de viaxeiros comarcal, en colaboración cos concellos da Mariña luguesa, que responda ás demandas e ás necesidades da zona. A iniciativa que foi transacionada, foi aprobada por unanimidade.
O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego valorou positivamente este acordo e emprazou á Xunta “a que no menor tempo posible poña en marcha tódolos mecanismos precisos para que a Mariña de Lugo poida contar con transporte publico”
Rego sinalou , na súa intervención, que na que a franxa costeira da provincia de Lugo foi capaz de xerar unha dinámica de desenvolvemento económico e social, ata o punto de converterse nunha das zonas máis activas e de maior crecemento da provincia de Lugo. Relata que esta situación supuxo a consolidación e a ampliación de asentamentos urbanos nos que están radicados a maioría dos cidadáns e dos servizos, especialmente aqueles que teñen un carácter comarcal ou provincial como é o caso dos de Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo e Mondoñedo, que xunto co resto dos concellos da comarca conforman unha realidade territorial cuasi urbana, que se consolida como unha cidade lineal na que viven e traballan cerca de 75.000 persoas.
O deputado socialista advirte que a nova realidade que supón este asentamento poboacional industrial e de servizos, fai que a mobilidade sexa un feito de máxima importancia e relevancia neste ámbito territorial de máis de 60 km.
Explica ademais que a situación actual está a xerar unha forte demanda sobre a necesidade de crear un servizo público axeitado de transporte comarcal de viaxeiros, que previo estudio das necesidades das zonas e da poboación afectada, debería adoptar un número de frecuencias e paradas que facilitasen a mobilidade comarcal dos cidadáns.
Afirma que a comarca conta ademais con vantaxes e posibilidades importantes, como poder compatibilizar o transporte público de viaxeiros por estrada co de ferrocarril a través da posibilidade que ofrece FEVE, igual que noutras zonas da cornixa cantábrica, nas que conta cun axeitado servizo de cercanías, e non parece razoable que non se poida facer na zona en cuestión, adaptando horarios e infraestructuras á realidade social e económica pola que transcorren as súas vías.
TEXTO APROBADO POR UNANIMIDADE NA COMISIÓN 2º DO PARLAMENTO
O Parlamento insta á Xunta de Galicia a que, en paralelo cos avances da implantación do transporte metropolitano de Galicia, no conxunto das sete grandes cidades galegas, proceda a estudar a viabilidade da implantación de servicios de transporte públicos comarcais, en colaboración cos concellos, e que inclúa de forma prioritaria a area da Mariña Luguesa, compatibilizando o transporte de viaxeiros por estrada e ferrocarril e potenciando de xeito especial este último.
Instalacións portuarias de Foz
Na citada comisiono tamén se debateu unha iniciativa sobre o plan estratéxico de reorganización integral das instalacións portuarias de Foz. Rego reclamou, mediante unha emenda, que se desenvolva en colaboración do Concello de Foz e a Dirección Xeral de Sostibilidade, un plan para a reorganización integral das instalacións portuarias focenses, no que se contemplen novos usos de interese social e económico que compatibilicen a histórica actividade pesqueira do porto, a estación marítima náutica, espazos verdes para acoller un centro de ocio, a Casa da Música e un aparcamento soterrado.
Nesa emenda o deputado mariñao solicitou tamén que se inclúa unha partida nos orzamentos do ano 2012 e programación orzamentaria para a execución do conxunto do plan ao longo dos vindeiros dous anos. Ismael Rego lamentou que o Partido Popular rexeitase esta emenda, e non puidera chegarse a un consenso sobre este asunto “debido a intransixencia do voceiro do PP”.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



