A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo informa que xa se poden recoller neste departamento os diplomas dos participantes nos cursos de condución eficiente do pasado ano. Por outra banda, Medio Ambiente explica que “diante dos problemas dos nosos veciños para solicitar telefónicamente permisos de queimas no servizo de información da Xunta, informamos que ditos permisos se poden tramitar dun xeito sinxelo a través de internet na seguinte dirección: emediorural.xunta.es/queimasweb/”.