Carta a Antón Veiga Outeiro
* Estimado amigo: Hai poucas datas lin, nestas páxinas, unhas manifestacións nas que, en canto que Delegado de Cultura da Deputación, referías, parcialmente, o labor que desenvolvedes. Noraboa polo empeño en recuperar vellos valores da cultura popular, evitando nalgúns o seu estrago ou a posible destrucción; correxindo o deterioro polo paso do tempo, ou acaso do lamentable vandalismo social, minoritario, pero depredador. Parabéns porque non adoitan ser asuntos nas axendas dos executivos, malia a súa importancia.
Neste senso sinto a obriga moral de chamar a atención sobre un feito que considero grave, dada a importancia histórica e cultural do obxeto agredido. Sabes, mellor ca mín, que un dos mais valiosos e singulares monumentos da comarca, está no concello de Foz: San Martiño. Como o coñeces ben vou obviar todo panexírico; pero non ignoras que, dende hai uns anos, aquela xoia arquitectónica, mais que milenaria; exemplar único do pre-románico galego, ex-catedral mais antiga da península que se mantén en pé; monumento nacional, dende hai mais de 75 anos; nomeada como “basílica”, na que recentes obras sacaron á luz valores inéditos, que magnifican o seu secular interese, loce a que é secuela dunha barbarie difícilmente asumible: refírome ás obras dos servicios hixiénicos (retretes), instalacións que en todo espacio público, e privado, sitúanse, por razóns obvias, en lugares discretos e mesmo afastados da vista. En San Martiño, istes atópanse na antesala, no mais lucido e visible daquel paraxe, dende o que intercepta parcialmente a visión da basílica. O material utilizado é dunha estética aberrante, ausente de mínima armonía co contorno histórico-arquitectónico e, para mais, a ubicación, desaxeitada, fai que homes que, baixando da igrexa, se dirixen a él para satisfacer os apremios minxitorios, evacúen antes de chegar…Tal é a visión que se ofrece ós milleiros de persoas que cada ano o visitan. De moitas delas, algunhas expertas, estudosas da arte e da historia, escoitanse as loanzas do que para boa parte é un sorprendente achádego, á par que hai que soportar os reproches que dirixen á sociedade que permite tal desaguisado. A masacre foi obra, no seu día, da Deputación. Certo que, daquela, rexían a mesma outras persoas; pero a institución é dos lucenses, sen excepción, con independenza de quen a rixa en cada momento, e o patrimonio cultural é de todos. A vós, sensibles ós valores da cultura, corresponde devolverlle a dignidade; o que non é labor baladí, que toda persoa saberá avaliar. Se como dixo o poeta Antonio Machado “mais importa facer as cousas ben, que facelas”, teoría que comparto, está claro que correxir o que está mal, pode ser mais sensato que emprender novas actuacións. Esta situación, escandalosa, vai en serio detrimento do prestixo da nosa sociedade, porque, á vista da imaxe tercermundista, custa pensar que se trata dun pobo culto ou mesmo, civilizado. Mágoa que a Asociación de Veciños fose, no seu día, menosprezada, cando suxeriu a solución idónea, os únicos que foron honestos e sensatos. Pero, como dixo Stephen Benet: “como teñen o poder coidan que teñen a sabedoría”. O de sempre. Espero, e desexo, que o voso fructífero labor se reflicte tamén en San Martiño, baluarte da historia e da cultura e, como tal, orgullo de mariñaos e lugueses.
Cordialmente,
* Suso Fernández.- Cronista oficial de Foz

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



