Nota de prensa:
LARA MÉNDEZ ASEGURA QUE VILLARES DESMERECE O TRABALLO DOUTROS CANDO LEVA CATRO ANOS DE BRAZOS CRUZADOS
-A socialista subliñou que “o alcalde de Cervo é o menos indicado para falar de séquito de persoal, cando nun concello de menos de 4.700 veciños, ten contratada a unha persoa para facer as súas fotos e notas de prensa”
CERVO, 1 DE ABRIL. A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, amosou a súa satisfacción trala entrega do material do plan Innova-TE nos Concellos de Cervo e Burela, xa que é un servizo co que se axilizarán as xestións e co que se beneficiarán tódolos veciños. Neste senso, sinalou que “é unha verdadeira pena que cando se traballa para mellorar a situación dos concellos da provincia, algúns simplemente se adiquen a desmerecer o traballo doutros”.
Lara Méndez, como Vicepresidenta Segunda da Deputación, asegura que “ó alcalde de Cervo, Alfonso Villares, non lle importan as obras, os servizos nin as infraestructuras que fagan progresar o noso concello senón que se preocupa máis de saber da man de quen veñen. Neste caso, como quen mellorou os servizos tecnolóxicos dos concellos de toda a provincia, incluido o que el goberna, é a Deputación de Lugo, xa está fastidiado. Non lle gusta ver como mentras el leva de brazos cruzados catro anos sen facer nada polos veciños, haxa xente que sí se preocupe por Cervo”.
Asimesmo, Méndez subliñou que “é vergoñento que un alcalde non teña respeto e non saiba recibir con educación a outros políticos no seu Concello. A voceira socialista, como él di, que se encargou de entregar todo este equipamento, é a Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, e estiven presente no acto non por ser a voceira do Grupo Municipal Socialista senón por pertencer á administración que levou a cabo o plan Innova-TE, grazas ó cal pode ter o servizo que ten. Mal que lle pese ó señor Villares, ó igual que el foi elixido democráticamente por tódolos veciños, eu son lexitimamente a Vicepresidenta da Deputación Provincial, por iso estiven hoxe alí”.
A servizo de Villares
Tralas declaracións feitas polo rexedor cervense, aclarou que “esta representante provincial, como o señor Villares me chama, nunca foi en coche oficial de San Cibrao a Cervo nin de Cervo a San Cibrao, mentras que membros do seu equipo de goberno sí se desprazan en vehículos oficiais de San Cibrao a Cervo e por tódalas parroquias do Concello”.
Como voceira dos socialistas do Concello de Cervo, Lara Méndez engadiu que “Villares é a persoa menos indicada para falar do séquito de persoal que ten detrás. É triste que o alcalde dun concello de menos de 4.700 habitantes teña que ter unha persoa á que se lle paga mensualmente para que lle faga as notas de prensa e lle saque unhas fotos cada vez que asiste a algún acto. Ademais dos dous espazos de radio que ten contratados para promocionarse e facer propaganda. Todo isto, suponlle un gasto de máis de 2.000 euros ó mes, factura que se lle pasa a tódolos veciños”. E recomendou que “deixe de facer autobombo, e que se preocupe de xestionar obras, servizos e equipamentos para os veciños de Cervo, que para iso foi elixido”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



