Nota de prensa:
Foz, Palas, Guntín e Sober son os destinos das rutas do programa Km0 da Deputación esta semana
– Catro colectivos veciñais de Antas, Monterroso, O Páramo e Lugo demandaron as viaxes, programadas para entre este martes e mañá
– Integrantes da Asociación de Santa Mariña e Senande de Antas de Ulla e da de veciños de Monterroso visitaron hoxe diversos lugares de interese do concello focense e do seu entorno tras ser recibidos en San Marcos por Díaz Valiño
Os municipios de Foz, Palas, Guntín e Sober son os destinos das rutas do programa medioambiental Km0 da Deputación organizadas para esta terceira semana de abril. As viaxes foron demandas por colectivos veciñais de Antas de Ulla, Monterroso, O Páramo e da parroquia lucense de Bóveda, e desenvolveranse entre este martes e mañá mércores. Esta semana non haberá saídas o xoves, como vén sendo habitual, por ser festivo.
As rutas da xornada de hoxe fixéronas a Asociación de Santa Mariña e Senande de Antas de Ulla e a de veciños de Monterroso e discorreron por diversos lugares de interese do Concello de Foz e o seu entorno. Ambos colectivos foron recibidos no salón de actos do Pazo de San Marcos polo Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño. Despois, 48 integrantes da agrupación de Antas desprazáronse ó Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), comeron no restaurante focense “Leyton” e visitaron a basílica de San Martiño de Mondoñedo, a capela e a área recreativa de Bispo Santo e, finalmente, as instalacións da fábrica “Pescados Rubén”. En canto ó grupo de veciños de Monterroso, formado por 48 persoas, coñeceu a olería de Bonxe, comeu no restaurante “Vila do Val” de O Valadouro e paseou polas praias de Polas e Xuncos, o porto de Nois e o castro de Fazouro.
Mañá mércores haberá unha saída por Palas e Guntín, que farán 48 membros da Asociación de Veciños Augas Férreas do Páramo e consistirá nunha visita ó Centro de Interpretación do Río Rato, ó castelo de Pambre e os arredores, Pazo de Vilane, Mosteiro de Vilar de Donas e Ferreira de Pallares. A comida terá lugar no restaurante “Para das Bestas”, no núcleo de Pidre. Está previsto así mesmo outro percorrido pola Ribeira Sacra, que solicitou a Asociación de Mulleres Rurais A Landra de Santa María de Bóveda, en Lugo. Participarán 48 persoas, que se desprazarán a Burneiros e A Fervenza, comerán en “A Cantina”, darán un paseo por Pena do Castelo, farán unha travesía en catamarán e coñecerán a bodega “Regina Viarum”, onde gozarán dunha degustación.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



