Non aprenden
Semella que hai xente que non aprende nin que baixen os anxos. Desta volta tocoulle ao señor Aznar laretar usando os vellos tópicos sobre os galegos e galegas á hora de se referir ao seu compañeiro de partido, o señor Rajoy. Nin me paro a reproducir as verbas do presidente da FAES. Como sempre, o líder do PP, disque presidente in pectore do goberno, mira cara a outro lado como se non fora con el. Sen desaproveitar a ocasión de quedar ben, o señor Feijoo acudiu a dar os parabéns ao señor Aznar polo uso da expresión ôgallegoö. Iso si: onde Aznar entendía “indefinición”, Feijoo matizaba “moderación2. Xa é darlle voltas ao significado, oes.
Chama a atención esta reacción de Feijoo, pois cando outros persoeiros da política española ousaron empregar o termo “gallego” con connotacións pexorativas o actual presidente da Xunta reaccionou con contundencia. Por que non agora? Porque foi o señor Aznar quen o fixo? De novo se axeonlla o PP(deG?) ante o líder da FAES? Fai o mesmo cando Aznar proclama a can e gato que hai que rematar coas autonomías? Ou cando afirma que hai que privatizar as tv autonómicas? Ou cando defende que a única lingua verdadeiramente importante é o castelán?
Cando a señora Magdalena Álvarez, colmo de despropósitos para Galiza no Ministerio de Fomento, foi criticada rindo a conta do seu falar andaluz (e por moitos do PP tamén), o señor Javier Arenas petou forte na mesa e proclamou a quen quixera oír que ninguén se ía meter coa súa paisana polos seus falares; con Andalucía ninguén ía xogar. Quen quixera que criticara a ineficacia da señora Álvarez, el o primeiro, pero non a súa condición de andaluza.
Señor Aznar, se non lle serve Rajoy como líder da dereita española critíqueo canto queira, mova “dedo” no seo do seu partido. Pero non o faga a conta dos galegos e galegas. E vostede señor Feijoo, non dea mostras de tanto oportunismo nin covardía política. Defenda a súa condición de galego sempre, non só cando lle conveña para atacar a outros adversarios políticos na súa carreira cara á Moncloa.
Farruco GRAÑA




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



