Nota de prensa
ALFREDO LLANO FIXO UN BALANCE POSITIVO DA XUNTANZA CELEBRADA ONTE COS AFECTADOS POLO CAMBIO DE TRAZADO DO ACCESO AO PORTO.
Burela, 14 de abril de 2011. O alcalde, Alfredo Llano, fixo un balance positivo da xuntanza celebrada onte cos afectados polo cambio de trazado do acceso ao porto. O rexedor sinalou que agora haberá que agardar a que lles envíen as cartas informándoos dos metros e das cuantías das expropiacións.
Llano sinalou que “coa fin de informar e de contestar a todas as preguntas que os afectados polo acceso ao porto puideran ter trouxemos aquí á xente que desenvolveu o proxecto, viñeron onte dous enxeñeiros que foron contestando todo aquelo que se lles foi preguntando. Non viñeron todos os afectados, pero sí unha importante representación. Falóuse un pouquiño de todo, do trazado, da planimetría, das afectacións a cada unha das fincas e tamén o que básicamente se preguntou foi polos límites da expropiación e cómo lles afectaría”.
O rexedor dixo que “as contestacións foron certeras e as dúbidas foron resoltas, polo que todo o mundo saiu convencido de cómo está este proxecto. Agora haberá que agardar a que lles envíen, cando corresponda, as cartas onde lles van dicir os metros e as cuantías da expropiación e a partires de aí xa empezar a funcionar”.
O alcalde agradeceu “a presencia dos técnicos da Xunta e do Concello, o nivel da xuntanza foi bó e en liñas xerais todo o mundo saiu satisfeito





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



