Nota de prensa:
O Alcorcón non pode coa capacidade goleadora das xogadoras laranxas (9-7)
O Burela FSF Pescados Rubén deu un festival goleador en Vista Alegre (9-7), diante dun equipo visitante que se defendeu con acerto no segundo tempo, grazas en parte a que as xogadoras de Pardeiro se cargaron de faltas cando aínda quedaban bastantes minutos para o final. Empezou demoledor o cadro laranxa, con goles de Vanessa (3), Lucía (2) e Claudia (1) no primeiro tempo, por só un gol das visitantes.
As xogadoras burelás dominaban o xogo e marcaban a distancia no marcador con suficiencia e en ningún momento viron perigar o encontro por máis que, ao chegar ás cinco faltas rapidamente nos segundos vinte minutos, esta circunstancia provocara que o Alcorcón lograra transformar cinco tantos en catro minutos. Non obstante, o Burela FSF Pescados Rubén venceu con autoridade a un rival que ‘maquillou’ o resultado nos últimos minutos, aínda que se veu vencido pola capacidade goleadora das de Pardeiro, cunha Vanessa estelar (4 goles) nun partido no que tamén anotou un gran gol Silvia na súa segunda aparición co primeiro equipo. As laranxas continúan pois situadas nunha meritoria terceira praza ofrecendo goles e espectáculo na División de Honra Feminina.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
