Nota de prensa
COA TÚA FORZA HAI FUTURO
No concello de Ribadeo
O concello de Ribadeo xa sabe do bo facer das xentes do BNG. Os nosos representantes: Horacio CUPEIRO, Vicente CASTRO, Mari Luz ÁLVAREZ LASTRA e o alcalde Fernando SUÁREZ BARCIA, estiveron sempre dispostos a escoitar a todos os veciños e veciñas, a falar con quen for preciso con tal de acadar inversións e benestar para Ribadeo, e a traballar arreo para sacar adiante os nosos proxectos.
Hai uns días presentamos o noso novo equipo ante a sociedade ribadense. Trátase dunha serie de persoas, homes e mulleres por igual, que representan o Ribadeo máis dinámico. Tanto o espírito emprendedor necesario para superar a crise, como a sensibilidade para afrontar as políticas sociais, están presentes no noso novo equipo.
Queremos profundar no desenvolvemento económico ribadense potenciando a actividade en torno ao polígono industrial e apostando claramente pola colaboración co CCA e con ACISA (tal e como fixemos ata o de agora). Aquelas propostas que nos fagan chegar e supoñan a mellora e revitalización de Ribadeo como referente comercial contarán co noso apoio. O saneamento das contas municipais, xa ben encamiñado neste mandato que remata, permitiranos responder mellor ante os proveedores.
O BNG de Ribadeo comprométese a respectar o traballo feito ata o de agora en torno ao PXOM. A nosa postura sobre o mesmo non vai estar en función dos resultados do 22 de maio. É máis: a súa tramitación vai ser obxectivo prioritario no primeiro tramo do mandato. Proseguiremos coa humanización das nosas rúas e espazos públicos. Precisamente este novo aspecto da vila, xunto coa creación de novas sendas, fará máis atractivo aínda o noso concello como referente turístico. Ao respecto, faremos unha promoción integral dos valores paisaxísticos do concello integrando a Praia das Catedrais coas sendas xa deseñadas e as de nova creación, tanto pola costa como polo interior.
Ese Ribadeo máis humano ten que prestar unha especial atención ás políticas sociais. O Centro de día para enfermos de alzheimer será de inescusábel execución. Poñeremos todo o noso empeño en sacar adiante unha residencia para a terceira idade. Así mesmo, a escola infantil non poderá agardar máis: esixiremos e conseguiremos a súa inmediata construción. Outro tanto hai que dicir do albergue de peregrinos. Reforzaremos as políticas de igualdade.
Tamén desde o ámbito da cultura e do deporte imos centrar os nosos esforzos en facer de Ribadeo un punto de encontro. Ademais de concibir a cultura como un valor en si mesmo pretendemos desenvolvela como motor de dinamización económica. Poñeremos en marcha novas iniciativas (como feiras do libro, concursos literarios, encontros con escritores, músicos, etc.). A Escola Municipal de Música e Danza seguirá a contar co noso apoio decido. Continuaremos coa nosa aposta polo teatro, a música e a danza formando parte dos distintos circuítos culturais xa establecidos. Seguiremos apoiando ao asociacionismo de base con locais para reunións, ensaio, etc. Estas actividades vanse facer tamén nas parroquias.
Desde o mundo do deporte manteremos a nosa aposta polo deporte de base a través das Escolas Deportivas Municipais. Prestaremos atención a novas iniciativas deportivas (que foron nacendo estes últimos tempos) coa mellora e creación de novas infraestruturas. Fomentaremos a realización de encontros deportivos a nivel galego e tamén convidando a outras comunidades (nomeadamente os nosos veciños asturianos).
É o momento das propostas, pero tamén é o momento do realismo. Hai que ser serios. O que propoñemos é realizable. Para sacar adiante estas ideas só fan falta ganas, capacidade de traballo e vontade política. A xente do BNG xa ten demostrado ao longo destes anos tales cualidades. Agora, necesitamos ser máis para poder traballar mellor por Ribadeo.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



