NOTA DE PRENSA 1/2
Blanco destaca a capacidade de Fernández e chama afiliación nacionalista a moverse para facer posíbel o cambio.
María Xosé Fernández afirma na presentación da candidatura do BNG que un novo goberno é necesario e ese goberno depende do BNG
O Bloque Nacionalista Galego procedeu a presentar a súa candidatura en Trabada na xornada de onte no marco dunha cea celebrada no restaurante Camiño Norte no que participaron preto de 60 persoas entre militantes e simpatizantes nacionalistas así como veciños da localidade que quixeron expresar coa súa presencia o apoio a lista do BNG. No acto que precedeu a cea fixeron uso da palabra o Deputado Nacionalista e antigo Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e avogada de Fornea e candidata nacionalista María Xosé Fernández.
Blanco, que interveu en primeiro lugar, comezou recoñecendo o traballo desenvolto na lexislatura que agora remata, ao actual Portavoz nacionalista no Concello, Fernando Gómez Oliveros, que actualmente fecha a candidatura do BNG de quen destacou a súa preocupación e entrega constante aos problemas veciñais. “Son xente como Fernando”,afirmou Blanco, “ as que nos fai orgullosos de sentirnos membros desta organización, son xente como Fernando as que Galiza precisa”. O Parlamentario Nacionalista tamén quixo destacar a calidade da actual lista nacionalista “é un espello do que hoxe é este Concello, formado por veciños e veciñas de case a totalidade das parroquias, xeracionalmente diversa e profesionalmente plural, posto que dela forman parte desde labregos a funcionarios e desde profesionais liberais até asalariados. É unha candidatura comprometida co interese xeral que non co particular, con Trabada e con Galiza que non con pexes partidarias e fundamentalmente cunha vocación de servicio a todos os veciños”. Xa por último Blanco resaltou a capacidade de María Xosé Fernández “avogada, muller e filla de labregos a quen lle vai tocar liderar o cambio político en Trabada. Unha persoa que desde a Alcaldía sen dúbida algunha vai comezar a poñer en marcha os proxectos que levan paralizados tanto tempo pero que tamén vai ser aire fresco, na medida que vai representar unha nova forma de ser e de gobernar fundamentalmente no trato cos veciños”.
María Xosé Fernández que se referiu a candidatura que encabeza como “unha equipa para posibilitar o cambio político do que Trabada está tan necesitado, unha equipa para mudar o rumbo dun Concello dirixido por un goberno esgotado, unha equipa para devolver a ilusión aos veciños e restaurar a democracia. Democracia que significa igualdade no trato para os veciños, democracia que implica entender as persoas como suxeitos de dereitos e que polo tanto implique desterrar as prácticas clientelares”, indicou que nos “presentamos para solucionar problemas, non para crear outros, dividindo aos veciños ou enlameirando a vida política local”.
A candidata nacionalista afirmou que “os resultados de fai catro anos, onde o PP mantivo por un escaso marxe a maioría absoluta , non deixan lugar a dúbidas de que é posíbel que próximo 22 de Maio se abra o camiño para un cambio político en Trabada. Que iso sexa posíbel ou non está en mans de todos nos, isto é da capacidade que teñamos de facer chegar as nosas propostas e alternativas ao conxunto dos veciños, de ser capaces de levar a ilusión que nos temos ao conxunto da veciñanza en definitiva un novo goberno é necesario e ese goberno depende de nos”. Xa por último Fernández sinalou que “as liñas centrais da alternativa programática dos nacionalistas van na triple dirección de favorecer o desenvolvemento económico do Concello, afortalar os servicios sociais e mellorar as infraestructuras municipais básicas. Non hai posibilidade algunha de asentar a poboación no Concello se non se actúa nestes tres eixos”, a par que denunciou ” as dificultades que atravesa o sector gandeiro, como consecuencia na baixa do prezo do leite, polo que é necesario medidas de apoio ao mesmo comezando pola declaración do Concello de Trabada, como Concello de montaña o que significaría que os labregos de Trabada puidesen competir no mercado cos gandeiros dalgúns dos Concellos limítrofes”.
Nota de prensa 2/2
Os nacionalistas din que chegou o tempo de rematar con 20 anos de promesas e outros tantos de incumprimentos.
A avogada de Fornea María Xosé Fernández encabeza a lista do BNG en Trabada
A Asemblea Local do BNG de Trabada procedeu a aprobar o pasado Venres a lista coa que concurrirá as vindeiras eleccións do municipais do 22 de Maio e que nesta ocasión vai estar encabezada por María Xosé Fernández, avogada e veciña de Fornea.
María Xosé Fernández afirmou que “ a candidatura do BNG é unha equipa para posibilitar o cambio político do que Trabada está tan necesitado, unha equipa para mudar o rumbo dun Concello dirixido por un goberno esgotado, unha equipa para devolver a ilusión aos veciños e restaurar a democracia. Democracia que significa igualdade no trato para os veciños, democracia que implica entender as persoas como suxeitos de dereitos e que polo tanto implique desterrar as prácticas clientelares. En definitiva tratase de rematar cun goberno que se caracterizou por vinte anos de promesas e outros tantos anos de incumprimentos”.
A candidata nacionalista que agradeceu ao actual Concelleiro nacionalista Fernando Gómez Oliveros, que nesta ocasión fechará a candidatura do BNG, a súa adicación e o seu compromiso cos veciños do Concello adiantou que “as liñas centrais da alternativa programática dos nacionalistas van na triple dirección de favorecer o desenvolvemento económico do Concello, afortalar os servicios sociais e mellorar as infraestructuras municipais básicas. Non hai posibilidade algunha de asentar a poboación no Concello se non se actúa nestes tres eixos”, afirmou María Xosé Fernández quen denunciou” as dificultades que atravesa o sector gandeiro, como consecuencia na baixa do prezo do leite, polo que é necesario medidas de apoio ao mesmo comezando pola declaración do Concello de Trabada, como Concello de montaña o que significaría que os labregos de Trabada puidesen competir no mercado cos gandeiros dalgúns dos Concellos limítrofes”.
Os nacionalistas que destacaron que a súa candidatura “é un espello do que hoxe é o noso Concello, formado por veciños e veciñas de case a totalidade das parroquias, xeracionalmente diversa e profesionalmente plural, posto que dela forman parte desde labregos a funcionarios e desde profesionais liberais até asalariados. É unha candidatura comprometida co interese xeral que non co particular, co noso concello que non con pexes partidarias e fundamentalmente cunha vocación de servicio a todos os veciños. Presentamos para solucionar problemas, non para crear outros, dividindo aos veciños ou enlameirando a vida política local”.
A candidatura do BNG completase cos seguintes persoas nesta mesma orde. Xosé Manuel Pousada de Vilapercide, Xosé Anxo Suárez, “Josechu” de Trabada, Ilda Gómez de Balboa, Eva Lombardía da Ría de Abres, Venancio Quintana Alonso de Trabadela – Sante, Xosé Vicente de Trabada, Xusto de Fornea, Pedro Fernández Villamil de Balboa, Isabel Fernández de Fornea e Fernando Gómez Oliveros de Balboa. María Xosé Fernández destacou o convencemento da totalidade dos membros da candidatura de que “chegou a hora do cambio político a Trabada. Os resultados de fai catro anos, onde o PP mantivo por un escaso marxe a maioría absoluta , non deixan lugar a dúbidas de que o próximo 22 de Maio ábrese un novo tempo en Trabada, un novo tempo que pensamos que vai ser liderado polo BNG e que vai significar en primeiro lugar a devolución do poder aos veciños, queremos que sexan os veciños quen gobernen no noso Concello e poñer remate ao secuestro do mesmo por parte do Goberno Local”