Nota de prensa
O CONCELLO DE CERVO CUALIFICOU DE “ROTUNDO ÉXITO” A VIII EDICIÓN DO ENCONTRO DE PALILLEIRAS CELEBRADO O SÁBADO EN SAN CIPRIÁN
Cervo, 4 de marzo de 2011.- A concelleira de Asuntos Sociais, Pilar Armada, cualificou de “éxito rotundo” a celebración da VIII edición do Encontro de Palilleiras que tivo lugar o pasado sábado na vila de San Ciprián.
Segundo Armada, a resposta da xente durante toda a xornada foi moi positiva, tanto na participación do número de palilleiras como na afluencia de público que visitou ó longo de toda a xornada o pavillón municipal da Veiga e a carpa anexa ó pavillón.
Máis de 1.500 persoas presenciando o desfile
A concelleira de Asuntos Sociais salientou de xeito especial o gran éxito acadado polo desfile de moda celebrado por vez primeira este ano e que estaba adicado ás fibras naturais como o liño e o encaixe. “Segundo as nosas informacións esta é a primeira vez que ten lugar un desfile deste tipo na comarca e o certo é que a resposta do público non puido ser mellor” indicou Armada. Segundo os organizadores, máis de 1.500 persoas presenciaron en directo este desfile. “As gradas estaban cheas e os pasillos tamén; ademais da propia pista do pavillón, onde estaban as 700 palilleiras que participaban no encontro” dixo a concelleira cervense.
A responsable municipal cervense avanzou tamén que dado o grande éxito acadado polo desfile de modas a organización ten previsto celebrar novamente un novo desfile na vindeira edición do Encontro do ano 2012.
Procedencia de diversos puntos
Armada tamén quixo destacar o grande número de persoas que aproveitou esta xornada para desprazarse ata o Concello de Cervo para visitalo. “Veu xente de moitas comarcas de Galicia, de Asturias e tamén de León que veu coa súa familia para coñecer o noso concello e isto notouse fundamentalmente no sector da hostalería, xa que o sábado todos os bares de San Ciprián e tamén doutros núcleos do Concello estiveron cheos de visitantes, o cal é tamén moi positivo para a economía do noso municipio” recalcou.
Agradecementos
Por último a edil cervense quixo agradecer a colaboración de todas as persoas e entidades participantes na organización deste Encontro de Palilleiras. “Esta edición non podería ter acadado este éxito sen o traballo de todos, en especial das profesoras Mª Luz Méndez e Modesta Lombardero; así como dos integrantes da Asociación A Sombriza e tamén da brigada de traballadores municipais” indicou.
O VII Encontro de Palilleiras de San Ciprián foi organizado por:
Delegación de Asuntos Sociais e Igualdade do Concello de Cervo
Profesoras de encaixe de Bolillos
Mª Luz Méndez
Modesta Lombardero
Asociación Cultural A Sombriza.
Baixo o patrocinio de:
Concello de Cervo
Xunta de Galicia
Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño
E coa colaboración de:
Excmo. Concello de Xove
Fábrica de Cerámica de Sargadelos
Cerámicas Gudín.
Grupo Folclórico Airiños do Xunco.
Eladio Bello máquinas de coser.
Restaurantes e Hostalería do Concello de Cervo.
Mercería e Decoración Ajuar.
Cesáreo Eijo Canoura Pulpería e Multicarpas.
Distribucións Carreiras.
Mercería Paca.
Confitería María.

























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



