Nota de prensa
CONCELLO E FUNDACIÓN BBZ DE ALEMANIA ESTÁN DISPOSTOS A SEGUIR COLABORANDO PARA REALIZAR INTERCAMBIOS ESTUDIANTÍS AO LONGO DOS VINDEIROS MESES. OS ALUMNOS DOS CICLOS SUPERIORES DE FP DA VILA PODERÁN REALIZAR AS SÚAS PRÁCTICAS NESE PAÍS.
Burela, 6 de abril de 2011. Concello e Fundación BBZ de Alemania están dispostos a seguir colaborando para realizar intercambios estudiantís ao longo dos vindeiros meses. O alcalde anunciou que unha ducia de rapaces alemán chegarán en agosto a Burela para traballar en empresas relacionadas co medio ambiente e subliñou que os alumnos dos ciclos superiores de FP da vila poderán realizar as súas prácticas en Alemania.
Alfredo Llano contou que “recibín como moito agrado a unhas persoas procedentes de Hamburgo en Alemania para seguir cun proxecto iniciado o ano pasado, que ten moito que ver con intercambios de rapaces no ámbito laboral e da formación. Son representantes da Fundación BBZ, que traballa directamente con todos os estamentos oficiais, tanto coa Unión Europea como goberno alemán”.
O rexedor explicou que “o que lle interesa a esta fundación é levar a rapaces de Alemania a outros países como España para que coñezan outras realidades e para que traballen de xeito directo no país de acollida. Esas experiencias sempre son moi válidas para unha integración posterior”. Alfredo Llano anunciou que “a parte desta formación tamén queren levar para adiante e niso estamos a traballar desde o Concello e desde os institutos, sobre todo co Perdouro, para que os nosos rapaces que realizan agora a FP nos ciclos superiores poidan ir realizar as súas prácticas a Alemania, co fin de que incluso se puideran quedar a traballar alí si así o desexan”.
O alcalde de Burela considera que “Alemania está forte en cuestións de traballo, queren favorecer estes intercambios e tamén procuran levar xente a ese país”. Llano lembrou que “xa tivemos unha experiencia nos meses de novembro e decembro do ano pasado e agora en agosto voltarán aquí 10 ou 12 rapaces alemán para traballar en cuestións relacionadas co medio ambiente. Nós procuraremos insertalos en empresas do sector ou poderíamos acollelos no Concello para realizar estas prácticas. Terían unha duración de catro a oito semanas, aínda está por especificar. En breve algún directivo da Fundación BBZ voltará a Burela para pechar esta colaboración e segundo me comentaron porque estarían interesados en establecerse en Burela ou abrir unha sede aquí para favorecer estes intercambios estudiantes”.
O rexedor engadiu que “se trata dunha cuestión moi positiva tanto para os rapaces de Burela coma para os que virán desde Alemania, polo tanto estamos encantados de realizar estes intercambios. Burela xa é unha referencia clara en Hamburgo dado que os rapaces que estiveron aquí o ano pasado quedaron encantados e iso motivou que esta fundación queira seguir con nós mantendo esta relación e incluso superala”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



