Nota de prensa:
“Os lucenses non nos imos resignar a aguantar os desprecios que Blanco lle fai a esta provincia”
O presidente do PPdeLugo advirte que “nós continuaremos protestanto, criticando e presentando cantas iniciativas resulten necesarias e onde sexa preciso ata lograr que esta provincia teña o que lle corresponde e todas as obras comprometidas polo goberno de Zapatero estén executadas, chámese AVE ou autovías”
Barreiro reprochoulle ó ministro de Fomento que se valia de mentiras para xustificar os seus incumprimentos e os dos seus compañeiros de partido e “puntualizoulle” que estase a rematar o proceso de adxudicación do auditorio de Lugo
Lugo, a 2 de abril de 2011.- “Os lucenses non poden seguir aguantando os constantes desprecios dos que está a ser obxecto por parte do Ministerio de Fomento”. Así de contundente se amosou o presidente provincial dos populares á hora de valorar o feito de que José Blanco que, “como xa anunciara hai uns días en Lugo”, non cumpriu a súa promesa de licitar antes de que rematara o mes de marzo os 6.000 millóns de euros que aínda están pendentes para as obras do AVE a Galicia.
“Non nos sorprende, porque desgraciadamente na provincia de Lugo estamos xa moi afeitos a que as promesas do ministro Blanco morran de inanición tras desgastalas de tantas veces repetilas durante os seus periplos pola provincia, máxime cando se achega algunha cita electoral”, asegurou Barreiro. “Pero que non nos sorprenda o incumplimento de todo canto promete, non significa que nos vaiamos a resignar e aceptemos estes continuos agravios. Botaremoslle en cara, cantas veces sexa necesario, que a súa palabra non vale nada, dado que nunca a avalan os feitos e que pasan por incluilas no Boletín Oficial do Estado”, explicou. “Empeñou o seu cargo co Pacto do Obradoiro, non estaría de máis que, por unha vez, cuprira”, apuntillou.
RESPONSABILIDADE COMPARTIDA
O presidente dos populares lucenses extendeu a responsabilidade “do ninguneo” ó que Blanco está a someter a Galicia e particularmente á provincia de Lugo “á que representa como deputado no Congreso”, a todos aqueles que “pese a todo” estano respaldando. Neste “grupo” incluiu ó alcalde de Lugo e ó presidente da Deputación que habitualmente rexeitan as propostas presentadas polo PP para que dende o Concello e a Deputación esixan o cumprimento da palabra dada.
“Se defenderan, como deberían, os intereses desta provincia, serían os primeiros en requerirlle ó seu compañeiro de partido que a A-56, a A-8, a A-54, a A-72, a A-76, o corredor da costa ou a Alta Velocidade, entre tantas outras, foxen xa unha realidade”, engadiu.
Na opinión do líder do PPdeLugo, José Blanco pensa que os lucenses non temos memoria o que eiquí non existen as hemerotecas. “Está moi errado”, concluiu.
“Non nos imos quedar impasibles, nin resignarnos; continuaremos protestanto, criticando e presentando cantas iniciativas resulten necesarias e onde sexa preciso ata lograr que esta provincia teña o que lle corresponde”. “Non imos permitir que siga mentindo impunemente. Botaremosllo en cara cantas veces sexa preciso”, engadiu.
Para José Manuel Barreiro un ministro non pode permitirse “nin pode consentirselle” este proceder e menos aínda que diga mentiras. Barreiro facía alusión así á referencia que fixo Blanco ó auditorio de Lugo cando estivo visitando as obras da nova ponte para a que, segundo puntualizou, “aínda non está definido por onde se farán os accesos que o conecten coa cidade”.
“Outro incumplimento máis a sumar ó retraso que acumalou a propia execución da obra, porque, segundo el mesmo asegurara, sería unha cuestión que tería que estar resolta a finais do pasado ano pero agora resulta que a decisión vaise pospoñer ata o vindeiro mes de xuño”, especificou.
MENTIRAS
José Blanco dixo que a ponte estaba rematada, “cando non o está”, e que, nembargantes, do auditorio aínda non hai nada. “É mentira e el o sabe”, asegurou Barreiro.
“Blanco sabe que cando o PP se fixo cargo do goberno galego nin sequera estaba aprobado o proxecto e eso pese a que o convenio asinado entre Xunta e Concello para dotar a Lugo desta infraestructura data de 1997 e que a última xestión realizada a este repecto pola Xunta bipartita remontase ó 18 de decembro de 2008 cando se resolve o concurso de ideas e resulta elexida a proposta presentada pola arquitecta Paredes Pedrosa”, explicou.
Así, segundo engadiu, non foi ata o 7 de outubro de 2010, “e gracias a que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras retomou a iniciativa”, cando se aprobou o proxecto; o 11 de decembro do pasado ano sacouse a licitación a obra (publicada no DOGA do 17/11/10), e neste intre estase rematando o proceso de adxudicación. A dilixencia e compromiso da Xunta de Feijoo co auditorio de Lugo está por tanto, en opinión de Barreiro, “fora de toda dúbida”.
“A Blanco escócelle que outros, ó contrario do que fai el, cumpran os seus compromisos. É indigno dun ministro que tente, valéndose de mentiras, tapar a incompetencia propia e a dos seus compañeiros de partidos, porque uns non executaron a obra cando puideron e era a súa obriga e outros nin sequera se molestaron en apremialos para que a fixeran”, concluiu


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



