Nota de prensa
MÉNDEZ RESPONSABILIZA A VILLARES DE QUE SARGADELOS SE CERQUE CUN PASTOR DE RESES E SEXA OCUPADO POR EQUINOS
-A socialista subliñou que “esta actuación pon de manifesto a pasividade e a indiferencia do señor alcalde”
-Asegurou que “en lugar de poñer en valor o patrimonio que supón o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, Villares mira para outro lado”
CERVO, 14 DE ABRIL. A voceira do Grupo Municipal Socialista de Cervo, Lara Méndez, denuncia a situación na que se encontra a área de Sargadelos. Subliña que “é lamentable ver o abandono do entorno das antigas fábricas. É unha pena que tendo unha paraxe coma a que temos, que foi declarada xa no ano 1972, Conxunto Histórico Artístico, na que se encontra o Pazo da Administración ou o Pazo do Marqués de Sargadelos, a presa do río Xunco, o Paseo dos Namorados ou o Camiño Real enmarcados cunha frondosa vexetación, non se saiba coidar e potenciar”.
Lara Méndez asegura que “o alcalde, Alfonso Villares, non mostra a máis mínima preocupación polos temas do Concello de Cervo. En lugar de poñer en valor o patrimonio paisaxístico, medioambiental e cultural que supón o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, mira para outro lado, e incluso permite que a zona sexa ocupada por equinos”.
A socialista engade que “por se isto fora pouco, non se pode permitir que este patrimonio se cerque cun pastor de reses, impedindo que veciños e visitantes poidan facer uso dun espazo publico. A pasividade e falta de interese do señor Villares pode chegar a límites incribles. Límites que acaban privando ós veciños da riqueza do noso Concello, sendo sempre os Cervenses, os perxudicados da mala xestión do alcalde.
Méndez afirma que “o Conxunto Histórico Artístico reflexa parte do noso pasado e é un atractivo turístico máis do Concello. O seu abandono mostra a deixadez e a pasividade do noso alcalde, que ten a responsabilidade de xestionar e preocuparse polo progreso de Cervo, pero adícase a todo o contrario. Villares non ten en conta que o coidado do noso patrimonio nos fortalece como referente turístico en toda a comarca e acaba por ser un motor económico para o noso pobo”. E lembroulle ó rexedor municipal que “manter o que temos é tan importante como inaugurar e xestionar novos servizos”.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



