Nota de prensa
Deputación e Concello apostan por Viveiro como referente en España da música alternativa
– Entidade provincial e local colaboran no festival Viveiro Hardcore Assault!, que organizaron catro mozos do municipio mariñano para este venres, ás 22.00 horas, no Casino Club Náutico da cidade
– O certame naceu a raíz do interese de dúas bandas italianas por tocar en Viveiro, o que demostra a sona que xa ten a localidade como un dos epicentros do país desta corrente musical
– As entradas, a un prezo de 5 euros, poranse á venda xusto antes do evento, que inclúe o sorteo dunha cesta de roupa entre os asistentes
O Concello vivariense é o berce dunha nova iniciativa cultural: o Viveiro Hardcore Assault! Promovido por catro mozos do municipio mariñano, o festival conta coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello, que apostan así por consolidar Viveiro como referente en España da música alternativa, unha sona que queda demostrada na mesma orixe do certame, pois os organizadores animáronse a poñelo en marcha cando dúas bandas italianas lles pediron axuda para facer un concerto na cidade do Landro, o único lugar da Península ó que querían ir, xunto con Xirona, dentro da súa xira por Europa. Non era ademais a primeira vez que algún grupo lles solicitaba axuda para montar unha actuación na zona.
O alcalde viveirense, Melchor Roel, e o portavoz dos organizadores, Fabio Fernández, presentaron este mércores na Fundación TIC o certame, que terá lugar o venres, ás 22:00 horas, no Casino Club Náutico, entidade que cede de xeito gratuíto o local e material técnico. Neste senso, Roel subliñou que “esta é unha iniciativa da xuventude de Viveiro en torno a un panorama musical do que o noso Concello xa é un referente en Europa. Xa fai uns anos, en 2006, comezouse cun concerto de Hardcore a nivel local e hoxe grazas ó traballo dos xóvenes que apoiaron este proxecto somos referencia desta nova forma de entender a música. Agora a Deputación e o Concello damos un novo impulso a esta iniciativa e a un novo espazo musical”.
As entradas teñen un prezo de 5 euros e poñeranse á venda antes do acto. Os promotores –que, ademais de Fabio Fernández, son Iago Salgueiro, Eric Gómez e Guille Vázquez- agradecen o apoio de Deputación e Concello, así como do propio Casino e dos establecementos comerciais e empresas de Viveiro para levar adiante o evento, unha axuda que incluso superou as súas expectativas e levounos a ampliar as dimensións do festival, pasando das tres bandas inicialmente previstas a catro. As firmas colaboradoras son: Pizzería Pizzbur, La Family, Cervecería Vikinga Punto Galego, Sixties, Mesón A Fonte, Restaurante La Paz, Complejo Hotelero Las Sirenas, Pub Punto y Aparte, Bar Galeón, Parrillada Tomás, Bodegas Ribeirao, Pub Copas, Moda Jim, Quasar, Peluquería Lourdes Calvo, Panadería Novo e THC (que sorteará unha cesta con artigos de roupa entre os asistentes).
Un equipo de alumnos e profesionais da Fundación TIC, dependente do organismo provincial, gravará os concertos, que serán ofrecidos polas seguintes bandas:
– “For Ophelias Death”: Procedentes de Lisboa, dan en Viveiro o seu primeiro concerto na comunidade galega. Os lusos participaron no concurso de bandas para tocar no Resurrection Fest e chegaron á final, polo que están a espera de saber se acoden a este certame, que se celebra a finais de xullo.
– “New Reason”: Cinco mozos de Viveiro compoñen este grupo, que actúa dalgún xeito de anfitrión, pois tres dos seus integrantes forman parte da organización do festival.
– “Daily Grind” e “Blasting Enema”: Son as dúas bandas italianas que lle solicitaron axuda ós mozos viveirenses para montar un concerto na cidade do Landro, a única cidade española na que actuarán, xunto a Xirona.
Polos pequenos concertos
O Viveiro Hardcore Assault! nace co propósito de aumentar a sona que xa ten o Concello mariñano como epicentro no país desta corrente musical, consecuencia da repercusión do Resurrection Fest – considerado un dos grandes de Europa e que na edición do pasado verán reuniu a 13.000 persoas- pero tamén do gran número de grupos deste estilo existentes na zona. O obxectivo é fomentar a organización de pequenos concertos con asiduidade, igual que ocorre noutros núcleos do hardcore en Galicia, como A Coruña e Vigo, para que as bandas que non teñan a oportunidade de participar no Resurrection Fest poidan mostrar a súa música igualmente en Viveiro.
O evento serve deste xeito para achegar grupos estranxeiros á comarca da Mariña, pero tamén para evitar a desaparición dos concertos a pequena escala en Viveiro, tralo peche de salas axeitadas como unha que había no porto e o “Txiri” –que foi traspasado-. Ademais, dá á propia banda viveirense “New Reason” a oportunidade de tocar diante do seu público, “demostrando que también sabemos darlo todo sobre el escenario”, apuntaron os seus integrantes.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



