Viveiro acolle o luns unha xornada de difusión sobre dispositivos adaptados para persoas discapacitadas
Nota de prensa
Están organizadas pola Secretaría Xeral de Modernización e Red.es
VIVEIRO ACOLLE O LUNS UNHA XORNADA DE DIFUSIÓN SOBRE OS DISPOSITIVOS TECNOLÓXICOS ADAPTADOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE DISPOÑIBLES EN CENTROS PÚBLICOS DA XUNTA
Ao longo do mes de abril celebraranse oito xornadas onde se amosará ás persoas con discapacidade e a colectivos vinculados con elas as oportunidades que representan as TIC e as solucións tecnolóxicas que teñen á súa disposición.
Un total de 149 centros públicos da Xunta teñen xa instalado equipamento tecnolóxico accesible, grazas ao programa “TIC TAC Galicia”
En Viveiro dispoñen deste equipamento o Centro de Formación Profesional Ocupacional e a Aula CeMIT do Concello.
O programa “TIC TAC Galicia” contou cun investimento de 820.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, desenvólvese en virtude do convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Santiago, 9 de abril de 2011.- A Sala Multiusos do Concello de Vivieiro acolle o luns, 11 de abril, unha das Xornadas “Proxecto TIC TAC. Accesos adaptados e alternativos para o ordenador”, na que se informará ás persoas con discapacidade e a colectivos vinculados con elas as oportunidades do equipamento adaptado do que dispoñen, que pode achegarlles e onde poden atopalo, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade á sociedade da información
Outras sete cidades e vilas acollerán estas xornadas, que teñen unha duración aproximada de 4 horas e un marcado carácter dinámico e participativo. Durante o mes de abril estanse a organziar estas sesións na Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra e Vigo.
As xornadas, organizadas pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, forman parte do “Proxecto TIC TAC Galicia” que dotou a 149 centros públicos de dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade.
En Viveiro os centros que dispoñen deste equipamento son o Centro de Formación Profesional Ocupacional e a Aula CeMIT do Concello.
O Proxecto TIC TAC desenvolveuse grazas ao convenio asinado entre este Ministerio, e a Xunta de Galicia, e contou cun investimento de 820.000 euros na Comunidade, financiada pola Entidade Pública e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Centros e equipamento
Un total de 149 centros públicos, pertencentes a distintas consellarías e departamentos autonómicos contan xa con equipamento adaptado para persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motora. O centros equipados abranguen 20 bibliotecas públicas, 89 centros adheridos a Rede de aulas de Modernizacion e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), 14 centros hospitalarios, 8 parques naturais, 17 centros de atención a discapacitados e aulas de formación.
Nestes espazos instaláronse 150 ordenadores e 153 portátiles adaptados para que as persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motora poidan acceder a Internet. Así mesmo, dotóuselles de 181 kits de discapacidade e 60 lectores de DNI electrónicos.
Este equipamento, que permite facer uso dun PC ao 60-70% das persoas con algún tipo de discapacidade, combina software específico e elementos periféricos. O kit de discapacidade inclúe ratos alternativos de bóla xigante e conmutadores, que facilitan o manexo para usuarios con dificultades motoras, ata controladores do ordenador sen mans, que permiten manexalo cun sinxelo movemento do queixo ou la cabeza. Tamén inclúe teclados con teclas de gran tamaño para facilitar a súa pulsación, recomendado para persoas con problemas de mobilidade e/ou visión; pantallas táctiles, que se activan por contacto coa pel e mediante instrucións acústicas, e brazos articuladores para facilitar a suxeición destes dispositivos.
Inscricións
Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse de forma gratuíta, a través do enderezo electrónico 2014.gal@xunta.es e nos teléfonos 881 999121 / 881 999012. Pódese consultar o programa e o calendario das sesións no seguinte enderezo:
http://imit.xunta.es/portal/dinamizaciondasociedadedainformacion/tic_tac_adapta/presentacion.html
Xunto con estas xornadas de difusión, o programa TIC TAC está tamén a desenvolver xornadas de formación orientadas aos profesionais que asesorarán aos usuarios no uso do equipamento, proporcionándolles a capacitación necesaria para orientar e atender as necesidades de todos aqueles que se acheguen para facer uso destes dispositivos.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



