22 de maio, Día Mundial da Biodiversidade: a biodiversidade galega, máis ameazada que nunca
ONU designou o 22 de maio como Día Mundial da Biodiversidade, para comemorar a sinatura en 1992 da Convención Internacional para a Diversidade Biolóxica en Nairobi (Kenia). Este ano, o lema é “Biodiversidade Forestal, o tesouro vivinte da Terra”, para subliñar o papel dos bosques na conservación da biodiversidade e no noso benestar. En Galiza, a conservación da biodiversidade, e particularmente a forestal, non é unha prioridade da administración ambiental, coas competencias repartidas en consellarías produtivistas. Coa Rede Natura máis cativa do estado, carente mesmo dos instrumentos de xestión obrigatorios por lei, e fronte a esta inacción e ás políticas agresivas da Xunta co noso patrimonio natural (eólicos, eucaliptos, piscifatorías…) os colectivos ecoloxistas seguimos comprometidos coa conservación da biodiversidade e promovendo iniciativas para protexela.
Na Galiza os bosques supoñen un 70% da superficie do país. No entanto, só un 2% é monte público, ao que lei le asigna un obxectivo de conservación. E na franxa litoral, o eucaplipto e o piñeiro ocupan o 99% do bosque costeiro, conservándose apenas o 1% de bosque autóctono, localizado en fragas moi fragmentadas e nas ribeiras dos ríos.
As recentes modificacións da Lei do Solo introducidas polo PP (mudou a consideración dos MVMC de rústico de protección forestal a ordinaria); as SOFOR (Sociedades de Xestión Forestal) van a permitir a entrada de capital privado no monte con obxectivos claramente especuladores; albíscase unha nova vaga eucaliptizadora coa escusa dos cultivos enerxéticos; a Lei Eólica reduciu a capacidade de decisión dos propietarios entregándolle o monte ás empresas e o concurso eólico está a redobrar o asalto a hábitats de interese, especies protexidas, paisaxes singulares e patrimonio arqueolóxico. Debúxase pois a un futuro incerto, por non dicir pésimo, para a biodiversidade das nosas florestas.
Fronte a esta situación, froito da parálise en conservación e das políticas depredadoras da Xunta, as entidades ecoloxistas temos que asumir a responsabilidade da conservación da biodiversidade galega. Nestas semanas, levaremos adiante unha batería de iniciativas:
-Este sábado 21 de maio, cunha xornada sobre a biodiversidade fluvial na Eira da Xoana.
-A fin de semana do 28 e 29 de maio, cunha nova edición do campamento de voluntariado ambiental do río Tea, para a erradicación das especies exóticas e invasoras.
-Na primeira semana de xuño, cunha nova xeira do proxecto Corna para a recuperación da píllara das dunas.
-O día 4 de xuño coas xornadas “O monte, oportunidade sustentable fronte á crise”, en Melide.
-E colaborando en proxectos para avaliar o estado de especies emblemáticas da biodiversidade ibérica coma a rata de auga ou o moucho.
Alén destas actividades, ADEGA vai iniciar unha campaña de adquisición de terras para preservar hábitats en regresión e promover entre os propietarios as figuras de custodia do territorio, que permitirían fixar poboación, desenvolver iniciativas de aproveitamento sustentábel e conservar valiosos hábitats naturais chave para a conservación da nosa biodiversidade no mundo rural.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



