NOTA DE PRENSA
Declaracións na gran festa popular no xantar mitin do PP de Cervo
O PARTIDO POPULAR DE CERVO É O ÚNICO CAPAZ DE LEVAR ADIANTE O SEU PROGRAMA DE GOBERNO
· Mentres socialistas e nacionalistas esconden as súas propostas electorais, que aínda non distribuíron entre a veciñanza, o PP garante o cumprimento de todos os seus compromisos coa apoio da Xunta, da Deputación provincial e do Goberno do Estado, administracións nas que os populares terán responsabilidade de goberno segundo todas as previsións.
Cervo, 17 de maio de 2011.- O Día das Letras galegas foi a data elixida para a gran festa do Partido Popular de Cervo na que participaron preto de 400 simpatizantes nun xantar-mitin que tivo lugar esta tarde no peirao de San Ciprián. Á cita acudiu a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen ademais foi ovacionada polos asistentes polo seu apoio para acadar un dos principais compromisos do Goberno municipal e da Xunta coa veciñanza de Cervo: a residencia centro de día que neste momento está en construción.
Os populares insistiron en que a súa é a única forza política capaz de cumprir e levar adiante o seu programa de goberno xa que, eles son os únicos en condicións de acadar un apoio maioritario dos veciños e de negociar con garantías coas distintas administracións: Xunta, Deputación e Goberno do Estado, xa que todas as previsións apuntan que estas terán ao PP na responsabilidade de goberno.
Por outra banda os populares censuraron que a oposición ainda non dera a coñecer aos seus veciños os seus programas electorais. Cando queda menos dunha semana para a cita coas furnas nin PSOE nin BNG teñen distribuídas entre a veciñanza as súas propostas programáticas. Os populares creen que as forzas da oposición non o fixeron porque saben que os seus programas non valen, non os poden cumprir, porque só poderían chegar á alcaldía de Cervo a través dun pacto entre perdedores, e deste xeito, terían que romper os seus programas e facer un novo. Este é a gran mentira da oposición aos veciños de Cervo.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



