Nota de prensa:
CHEGA A BURELA A EXPOSICIÓN A PEGADA E DÉBEDA ECOLÓXICA, QUE PODERÁ VERSE NA CASA DA CULTURA ATA O VINDEIRO 13 DE MAIO.
Burela, 6 de maio de 2011. Chega a Burela a exposición A pegada e a débeda ecolóxica, que poderá verse na Casa da Cultura ata o vindeiro 13 de maio.
Segundo explica a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, “trátase dunha mostra cedida pola Sociedade Galega de Medio Ambiente, que permite coñecer o concepto da pegada ecolóxica e reflexionar sobre o impacto das actividades cotiás sobre un ecosistema con límites como a terra”.
A exposición está composta por 11 paneis nos que os visitantes poderán descubrir que é a pegada ecolóxica, calcular rápidamente a súa pegada e decatarse da débeda ecolóxica existente no planeta.
A mostra estará aberta ata o 13 de maio na Casa da Cultura en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.