Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ SUBLIÑA QUE SEMPRE TIVO UN COMPORTAMENTO INTACHABLE E IMPECABLE COAS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS E COAS COMUNIDADES DE MONTES. O REXEDOR RECALCA QUE AS CONTAS PÚBLICAS NON SON EMBARGABLES PORQUE HAI DOCTRINA CONSTITUCIONAL E XURISDICCIONAL QUE ASÍ O INDICA.
Ribadeo, 20 de maio de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, subliña que sempre tivo un comportamento intachable e impecable coas asociacións de veciños e coas comunidades de montes. O rexedor recalca que as contas públicas non son embargables, porque hai doctrina xurisdiccional e constitucional que así o indica. Deste xeito resposta ás manifestacións realizadas nas últimas horas por un grupo político que deu a coñecer un suposto auto do xulgado de Mondoñedo relativo ao litixio que a comunidade de montes de Ove ven mantendo desde hai tempo co Concello de Ribadeo.
Suárez Barcia dixo que “nós como Concello, sendo parte afectada, non temos coñecemento aínda xudicial ningún. Moito me estrana e me preocupa que a oposición sí o teña, desde logo vese a catadura moral do presidente da comunidade de montes desta parroquia”. O alcalde lembrou que “dito presidente hai uns meses meteu nun auténtico lío ao Concello por ruindade e por mala fé acusándonos de que o Concello lle debía diñeiro que xa estaba, como acreditamos convenientemente a posteriori, pagado desde había varios anos cos seus recibís firmados polo propio presidente da comunidade de montes de Ove e unha parte que quedaba pendente o Concello pagóullo de alí a uns días, despois de ter unha xuntanza con él pedíndolle que aprazara o contencioso. Él faltou á súa palabra, como é habitual neste persoaxe, e ao final o alcalde non se personou no xulgado e foi declarado en rebeldía e condenado en costas”.
O rexedor seguiu a relatar que “ata aí todo é correcto e o Concello ten que pagar as costas da outra parte pola ruindade do presidente desta comunidade de montes e ata aí aceptámolo, pero o que non aceptamos de ningunha maneira por moito que un auto diga o que teña que dicir. Hai doctrina xurisdiccional e constitucional da inembargabilidade das contas públicas, o Concello terá pagar as costas e os abogados da outra parte, aínda que de maneira moi inxusta por culpa do presidente desa asociación de montes, pero o que non vai pagar o Concello de Ribadeo son os intereses que nos estiman en 2.055 euros cando os únicos intereses que se poden calcular por ese montante ascenden a 251 euros”.
Fernando Suárez lamenta que “todo isto salga o último día de campaña, que nun medio de comunicación sexa un membro da oposición quen o diga, que noutro medio sexa outro membro da oposición e candidato a alcalde quen o diga porque o que está a facer o presidente da comunidade de montes de Ove, e ao mesmo tempo funcionario público municipal, non ten nome e non pasou na época democrática neste Concello en ningún sitio. Agardo que a xente tome nota de todo isto que está a pasar entre o Concello e o presidente dunha comunidade de montes de Ove, que utiliza o seu cargo e utiliza toda a súa presión para cargar políticamente contra un alcalde que con todas as asociacións de montes e de veciños durante catro anos tivo un comportamente intachable e impecable. Hai que mirar a boa fé deste personaxe”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



