Nota de prensa:
ALFREDO LLANO E ROSA QUINTANA INAUGURARON ESTE MEDIODÍA EXPOMAR 2011, UN EVENTO QUE REÚNE NA NAVE DE REDES A 100 EXPOSITORES DE 400 MARCAS RELACIONADAS CO SECTOR NÁUTICO-PESQUEIRO.
Burela, 19 de maio de 2011. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, inauguraron este mediodía a XIV Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar 2011. Cen expositores e 400 firmas asistentes ocupan os 3.000 metros cadrados da nave de redes.
Llano sinalou que “Expomar é un acontecimento moi importante para Burela. Nós sempre apostamos polo sector náutico-pesqueiro, hai que darse conta que aquí na nosa vila e no resto da Mariña esta actividade é fundamental para o desenvolvemento económico e social”. E subliñou que “a pesares da crise logramos ocupar os 3.000 metros cadrados da nave de redes, contamos 100 expositores que representan a unhas 400 marcas e iso significa que os que veñen a esta cita están apoiando ao sector, investigando e aportando cuestións que sempre poden ser de interese para os propietarios dos barcos no ámbito da electrónica ou das artes de pesca”. O alcalde e presidente de Expomar agradecéulles a todos a súa presencia en Burela.
Alfredo Llano engadiu que “por diante están catro días para facer unha visita a Burela, a xente que se sinta atraída por este tipo de asuntos virá a Expomar ao igual que aqueles profesionais que queiran coñecer as novidades do sector. Aquí está Burela para recibir cos brazos abertos a toda a xente que queira acudir a esta cita ou aos que veñan dar unha volta polo noso pobo para coñecelo”. O rexedor recalcou que “Expomar é unha das feiras máis importantes que se poden ver en todo o litoral cantábrico”.
Pola tarde dentro das XIV Xornadas Técnicas abordaránse aspectos coma a comercialización no sector pesqueiro. E mañá terá lugar o encontro empresarial de organizacións profesionais de armadores no que participarán unha veintena de asociacións procedentes de moitos puntos de Galicia, de Asturias e de Andalucía, entre outros. Expomar 2011 será clausurada o vindeiro domingo ás 12 da mañá polo presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



