Nota de prensa
O BNG DE CERVO DI QUE VOTAR AO PP EN CERVO E FACELO A FAVOR DA DESTRUCIÓN DO PATRIMONIO, DA DESFEITA URBANÍSTICA E O RETROCESO POBOACIONAL
Estúa explicou que nos anos de goberno municipal do PP en Cervo perdéronse 500 habitantes, multiplicáronse as desfeitas urbanísticas e o PXOM quedouse nun anuncio publicitario
Lonxe de aproveitar o valioso patrimonio municipal dedicáronse a destruílo como no Castro da Atalaia cuns trámites que terán consecuencias nefastas para o concello
Cervo, 17 de maio de 2011. O BNG de Cervo cuestionou hoxe a xestión do goberno municipal do PP nos últimos 12 anos, onde o concello baixou de categoría ao perder 500 habitantes mentres se multiplicaba o número de vivendas construídas que lonxe de mellorar as posibilidades de adquisición, encarecéronas e desfixeron espazos urbanos con herdanzas en forma de monstros de formigón e ferro a medio facer e débedas incobrables como os 1,2 millóns de euros que a inmobiliaria Pasillo Verde ten pendente de pago no concello así como a ampliación da ponte de FEVE sen facer. O candidato nacionalista á alcaldía, Xoán Antón Estúa, explicou que o PP non quixo aproveitar o valioso patrimonio cultural do concello para dinamizar a economía e dedicouse a destruílo como sucedeu co Castro da Atalaia nun proceso que aínda está aberto e sen solución e que moi posibelmente vai traer no futuro graves problemas para o concello por compensacións en danos dunha licenza de construción mal concedida.
Nos 12 anos de goberno popular en Cervo perdeuse categoría e 500 habitantes no municipio.
Estúa “preguntouse si un goberno municipal que rebaixa a categoría do concello e permite que 500 habitantes se vaian pode presumir de algo”. Para o nacionalista foi curioso ver como nos últimos anos “mentres se construían centos de vivendas en San Cibrao, estas non eran para os veciños e veciñas do concello que fuxían a outros veciños na busca de mellores servizos e un acceso á vivenda con mellores condicións económicas.” Os nacionalistas non centran as súas críticas so na desfeita urbanística e na rebaixa de poboación e categoría do concello; a xestión económica dos cuantiosos ingresos producidos polas taxas impostos de construción so serviron para “desfacer o feito e facer de novo” e non para mellorar as redes de saneamento secundarias que nunha boa parte seguen nun estado lamentábel.” “Daqueles tempos nos que o PP quería converter Cervo na Marbella do norte, quedaron as moles de formigón e ferro a medio facer e unha débeda de 1,2 millóns de euros que o concello xa non vai cobrar nunca, como tampouco se vai ver a ampliación da ponte de FEVE que estaba comprometida no proxecto,”concluíu Estúa.
Lonxe de aproveitar o valioso patrimonio cultural do concello para dinamizar a economía local, pola contra dedicáronse a destruílo
Os nacionalistas encararon a destrución do patrimonio cultural do concello como “ a morte dun recurso económico que xa ten difícil reparación”. Neste sentido Estúa, engadiu que “as licenzas concedidas para construír na Atalaia supuxeron a destrución dun ben patrimonial moi importante que ademais debería ser fonte de ingresos para o concello a longo prazo e que agora tal como van as cousas van camiño de converterse na súa ruína.”
O PXOM so foi un anuncio durante doce anos que foi paralizado conscientemente para permitir o negocio duns poucos.
Os nacionalistas lembraron que a redacción do PXOM foi un compromiso electoral do PP durante doce anos e “chegados aquí so temos dúas reunións e a última forzada polo Valedor do Pobo para explicarnos que a cousa aínda estaba en tramitación e que se rebaixaban as espectativas de crecemento previstas con anterioridade”. Houbo que devolver axudas públicas por non redactar os proxectos nos prazos previstos, paralizouse a redacción entre 2004 e 2009 e o documento que debía estar aprobado en 2006 ou 2007 prevé rematarse non antes do 2013.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



