Nota de prensa:
Veiga solicita a Farjas que aclare as relacións que poidan existir entre o Xerente do Hospital e as clínicas privadas da Mariña.
O BNG considera decepciónante a visita de Farjas.
O Bloque Nacionalista Galego, cuxos representantes institucionais non acudiron aos actos conmemorativos do 25 aniversario do Hospital da Costa, consideraron decepciónante a visita da Conselleira de Sanidade á Mariña na medida que non despexou ningunha das dúbidas que afectan ao futuro do centro médico, concretamente ao seu desmantelamento e traslado a Lugo da maioría dos servizos que alí se prestan e tamén porque non puxo riba da mesa ningunha solución sobre o problema das listas de espera que afectan ao Hospital da Costa así como da execución do Plano Director do Hospital.
Os nacionalistas volveron a denunciar que “ o proceso de desmantelamento do Hospital da Costa é xa unha realidade, do que é a proba de algodón é que o centro da Mariña, está a cabeza dos centros públicos da rede hospitalaria galega nas listas de espera, ocupando o segundo lugar nas listas de ciruxia. E aínda máis, os últimos dados que fixo público o propio SERGAS, fálanos do aumento das listas de espera a pesar de que os anteriores se fixeran públicos en período estival o que levou ao actual Xerente do Hospital a afirmar que estas eran as razóns dos mesmos. Estamos certos de que as listas están maqueladas, sendo aínda maiores os tempos de agarda reais, algo que esta directamente vinculados coa falta de medios humanos, particularmente de facultativos. Mesmamente o problema actual nas listas non se resolve nin coas famosas peonadas nin tampouco con derivar a outros centros médicos, fundamentalmente privados, aos doentes da zona”.
Veiga indicou que “se están a cumprir as previsións que o BNG xa fixera públicas no nomeamento da actual equipa directiva do Hospital, unha equipa directiva que non ten ningunha preocupación pola sanidade pública e que no caso do xerente, aquel que a Conselleira presentou como impulso que precisaba o Hospital, que a marxe de semellar xa un globo pinchado fai bo aquel dito de que semella que puxeron ao raposo ao coidar do galiñeiro. Nos non temos ningunha dúbida que a actual equipa directiva do Hospital en conivencia coa administración autonómica pretenden de xeito deliberado, por unha banda avanzar na axenda da privatización, partindo do seu convencemento de que a sanidade é un negocio e non un servizo público, e por outra banda, actuar como enterradores do Hospital da Costa, para convertelo nun centro de saúde grande que non sexa máis que un apéndice do Hospital de Lugo. Neste sentido sería bo que a Consellaría de Educación aclarase dunha vez por todas as relacións que existen entre traballadores con responsabilidade no Hospital da Costa e as clínicas privadas que poidan existir na Mariña”.
O Responsábel portavoz comarcal do BNG referiuse ao “papelón do PP da Mariña, que unha vez máis actúa como a procesión dos caladiños, á par que se apunta ao cla da confusión preparando o terreo para o desmantelamento do centro hospitalario. É unha autentica falta de respecto aos veciños a actuación destes, primeiramente porque todas as promesas que fixeron en relación co Hospital convertéronse en papel mollado, como demostra a súa negativa a ampliación, en segundo lugar porque menten respecto dos seus compromisos sanitarios, as autopsias seguen a facerse maioritariamente en Lugo, a pesar do afirmado reiteradamente por Balseiro, e xa por último porque están a preparar un grande engano masivo, que ten como obxectivo converter ao Hospital nun apéndice de Lugo despois das municipais, e evitan pronunciarse con claridade sobre este tema.”





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



