Nota de prensa
Así o informan desde a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo que asesora e tramita estas axudas
APERTURA DO PRAZO PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL.
Os interesados teñen ata o 18 de Xuño para facer efectiva a súa solicitude.
Cervo, 25 de Maio .- A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo, da que é responsable a Concelleira en funcións Yolanda Pedreira, vén de informar da publicación por parte da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no DOGA do mércores,18 de maio, das bases reguladoras para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede a súa convocatoria.
Desde a Axencia de Emprego local explican que a finalidade desta axudas é o outorgamento de retribucións económicas a traballadores que se acolleran a unha redución de xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a menor de 3 anos ou menor de 12 anos, si padece discapacidade recoñecida superior ao 33%, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011,por un período mínimo de 60 días ininterrompidos e comprendidos neste período.
A contía destas axudas estará en función da porcentaxe da redución da xornada laboral , da duración da mesma e do número de fillos a cargo do solicitante. Podendo chegar ata 3.600 €.
Na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Cervo, sita na Casa do Concello ofrecen o asesoramento axeitado e tramitan estas solicitudes. Tamén é posible obter máis información no teléfono 982.55.77.77.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



