NOTA DE PRENSA
ELENA CANDIA PRIORIZARÁ, DE ACCEDER Á ALCALDÍA, O DESENVOLVEMENTO DAS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS QUE SE ESTÁN A EXECUTAR EN MONDOÑEDO
Para recabar máis datos sobre esta cuestión mantivo hoxe un encontro co titular do departamento autonómico de Medio Rural, Samuel Juarez.
A candidata do Partido Popular á alcaldía de Mondoñedo, Elena Candia, mantivo no día de hoxe unha xuntanza co titular da Consellería de Medio Rural, Samuel Juarez nas dependencias do Parlamento de Galicia. No encontro, desenvolvido a petición do grupo municipal, abordáronse diversas cuestións de grande interese para este concello e, particularmente, o relativo ás concentracións parcelarias que se están a levar adiante no municipio.
Elena Candia explicou que, de acceder á responsabilidade de goberno municipal, quere priorizar o desenvolvemento das concentracións parcelarias en execución. Nesa liña, e continuando coas distintas tomas de contacto que está a desenvolver a candidata cos responsables autonómicos, Candia quixo recabar máis datos sobre esta cuestión directamente do responsable autonómico de Medio Rural, quen ademais sinalou a boa disposición do Goberno neste ámbito.
No encontro participaron ademais da propia Elena Candia e o conselleiro de Medio Rural, Jose Otero membro da candidatura popular, e a deputada autonómica Emma Álvarez presidenta da Comisión de Agricultura, Gandeiria e Montes da Cámara galega.