Nota de prensa
O PP rexeitou garantir a independencia deste organismo
OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE APLU ACTÚA PARA FACER AXUSTIZAMENTOS E PERSECUCCIÓN POLITICA, E DIN QUE NON DEFENDE O NOSO PATRIMONIO NATURAL
– A portavoz de Política Municipal do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Mar Barcón denunciou a “domesticación da APLU” que cualificou como “vergoñenta”
-Sinalou que o convenio de Barreiros “tapa vergoñas dun goberno municipal que preferiu enterrar o noso patrimonio natural, obrigando a administración autonómica a pagar por uns servicios que tiñan que dotar os propios promotores”
– Cuestionou que o Presidente da Xunta vaia a Fisterra a anunciar que se lle vaia dar unha saída a urbanizacións que teñen como único servicios de saneamento fosas sépticas, algo que cualificou como “unha inmoralidade xa que vai facerse con cargos públicos”
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2011. A portavoz de Política Municipal do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Mar Barcón interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica para defender unha moción na que reclamou a Xunta presentar anualmente no Parlamento un Plan de Inspección da APLU. E tamén consensuar coas forzas políticas a través do Pacto polo Territorio, a formula de elección da dirección deste organismo e reforzar o seu papel e a súa independencia. Solicita ademais asumir as súas competencias urbanísticas dos concellos de Barreiros e Fisterra. A iniciativa foi rexeitada polo Partido Popular.
A portavoz do PSdeG-PSOE denunciou na súa intervención a “domesticación da APLU” que cualificou como “vergoñenta”. Lembrou que no ano 2009, Núñez Feijoo impulsou unha planificada reorganización da Axencia que pasou polo cambio estatutario, o cambio na dirección e a modificación das competencias e nos organigramas. A maiores criticou que se utilizan os seus recursos “para atacar aos adversarios políticos que non son do PP”. Así as cousas asevera que con este cambio de rumbo “o espírito da APLU quedou completamente desvirtuado e politizado”.
Barcon afirma que APLU iniciou unha folla de ruta perigosa “tratando casos iguais de xeito distinto, e donde se mira mais a cor política de cada concello.”
Lamentou que este organismo non se utilice para protexer os dereitos dos cidadáns ou para defender con rotundidade o noso patrimonio natural, e dixo que se utiliza para facer axustizamentos e persecución política. E insistiu nas súas criticas “e para permitir as irregularidades en concellos como de Barreiros ou Fisterra”. Explicou que estes dous casos enchen aos galegos de indignación “xa que favoreceron a especulación como única política urbanísticas destes concellos”.
Barreiros e Fisterra
Sinalou que o convenio de Barreiros “tapa vergoñas dun goberno municipal que preferiu enterrar o noso patrimonio natural, obrigando a administración autonómica a pagar por uns servicios que tiñan que dotar os propios promotores”, resumiu.
Barcon cuestionou que o Presidente da Xunta vaia a Fisterra a anunciar que se lle vaia dar unha saída a urbanizacións que teñen como único servicios de saneamento fosas sépticas, algo que cualificou como “unha inmoralidade xa que vai facerse con cargos públicos”, espetou.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



