Nota de prensa
O XULGADO Nº 1 DE VIVEIRO CITA A DECLARAR COMO IMPUTADO AO CANDIDATO DO PP Á ALCALDÍA DE CERVO E A DOUS FUNCIONARIOS DO CONCELLO
A Fiscalía apoia a imputación por un presunto delito de prevaricación pola actuación do alcalde e dous funcionarios municipais nas obras executadas polo concello no saneamento do Camiño do Tellado en Espiñeirido
Villares está acusado de prevaricación pola ocupación dun camiño que consideraba público e sobre o que meses despois abriu un expedente de investigación sobre a súa titularidade que aínda está sen aclarar
Cervo, 18 da maio de 2011. O BNG pediu hoxe explicacións ao Partido Popular pola actuación do candidato e actual alcalde en funcións Alfonso Villares que deberá declarar diante do Xulgado nº 1 de Viveiro o 5 de xullo por un presunto delito de prevaricación na súa actuación nas obras de saneamento no Camiño do Tellado en Espiñeirido. As actuacións de Villares xa veñen de agosto de 2009 cando traballadores dunha empresa contratada polo concello procederon a ocupar o denominado Camiño do Tellado en Espiñeirido para executar obras de saneamento na zona sen contar con autorización duns veciños que o consideran da súa propiedade polo cal as obras quedaron paralizadas. Con posterioridade o alcalde en decembro do mesmo ano levou a pleno a apertura dun expedente investigador sobre a titularidade pública ou privada do camiño, unha investigación que leva paralizada dende esa data.
Villares enfrontou a uns veciños con outros en Espiñeirido e agora deberá responder ante a xustiza xunto con dous funcionarios municipais.
Os nacionalistas lembran que a actuación de Villares no caso do saneamento de Espiñeirido foi extra limitada e de acoso a unha familia por simplemente defender o que consideran seu. Estúa acusou a Villares de enfrontar unhas familias con outras en Espiñeirido sen importarlle as consecuencias e tampouco tivo reparos en caer en contradicións que agora o levan ante o banquiño dos acusados xunto con dous funcionarios do concello. O nacionalista reclamou do PP explicacións sobre a presentación de Villares como candidato á alcaldía cando xa está imputado polo Xulgado de Viveiro por presunto delito de prevaricación.
O alcalde sen coñecer si o camiño era publico ou privado ocupouno e ordenou o peche e acceso á vivenda dos propietarios que reclaman a súa titularidade.
Xoán Antón Estúa, candidato nacionalista á alcaldía e actual edil, reclamou ao PP explicacións xa que Villares ademais de actuar sobre un terreo do que descoñecía a súa titularidade chegou a pechar a entrada a unha vivenda durante un mes. O nacionalista aclarou que dende o pleno de decembro de 2009 cando se aprobou abrir un expedente de investigación sobre a titularidade, pública ou privada do Camiño do Tellado non se sabe nada, polo que o alcalde non debe ter moitos argumentos ao seu favor.
Obras a medio executar que foron certificadas na súa totalidade para cobrar o Fondo De Investimento Local para 2009.
Estúa denunciou que o saneamento en Espiñeirido formaba parte das actuacións con cargo ao PLAN E 2008, sen que estas se executadas na súa totalidade e aínda así foron certificadas como rematadas para poder cobrar os 61.000 euros previstos do proxecto, “o alcalde debería tamén explicar a súa sinatura nun documento público falso”, sinalou Estúa. A constatación oficial de que esa obra non estaba rematada fíxoa o propio goberno local ao levar a pleno en novembro de 2010 unha proposta de expropiación e remate das obras de saneamento no Tellado que curiosamente e de facto dan por feito que o camiño non é publico xa que o tramo expropiado é o propio camiño.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



