Nota de prensa
C
on motivo do remate da competición tivo lugar unha cea no HOTEL NORDÉS de Burela, onde se entregaron os trofeos a todos os equipos e árbitros participantes na competición. Agradecendo tamén a colaboración de todas as casas patrocinadoras dos diversos equipos, asi coma dos anunciantes nos cartazos da competición.

Lembrar que antes da cea tivo lugar a FINAL DA COPA, co resultado de METRO APP INFORMÁTICA BURELA 5-3 RESTAURANTE MIRANDA
CAMPIÓN DA SUPERCOPA DA TEMPADA 2009-10:
AMISTADE
CAMPIÓN DA LIGA DE AFECCIONADOS DE BURELA 10-11:
PUB JOKER
SUBCAMPIÓN DA LIGA DE FUTSAL DE BURELA 10-11:
RESTAURANTE MIRANDA
3º DA LIGA DE FUTSAL DE BURELA 10-11:
METRO APP INFORMÁTICA BURELA
4º DA LIGA DE FUTSAL DE BURELA 10-11:
AMISTADE F.S.
5º DA LIGA DE FUTSAL DE BURELA 10-11:
CONSTRUCIÓNS JL
6º DA LIGA DE FUTSAL DE BURELA 10-11:
HOTEL VILA DO VAL
7º DA LIGA DE FUTSAL DE BURELA 10-11:
A TENDA DO ROXO
8º DA LIGA DE FUTSAL DE BURELA 10-11:
PARRILLADA DE JANDRO OS CASTROS
9º DA LIGA DE FUTSAL DE BURELA 10-11:
COMERCIAL JOSÉ MANUEL PINTURAS MONTO
“CAMPIÓN DA COPA DE FUTSAL – BURELA 2010-11”
METRO APP INFORMÁTICA BURELA
“SUBCAMPIÓN DA COPA DE FUTSAL – BURELA 2010-11”
RESTAURANTE MIRANDA
“EQUIPO MÁIS DEPORTIVO DA TEMPADA – BURELA 10-11”
A TENDA DO ROXO
“EQUIPO MÁIS GOLEADOR DA TEMPADA – BURELA 10-11”
RESTAURANTE MIRANDA
“EQUIPO MENOS GOLEADO DA TEMPADA – BURELA 10-11”
PUB JOKER
“MELLOR XOGADOR DA TEMPADA – BURELA 10-11”
MANUEL MÉNDES PEREIRA (PUB JOKER)
“XOGADOR MÁIS CUMPRIDOR DA TEMPADA DE BURELA 10-11”
MIGUEL IRIMIA PENA (OS CASTROS – P. DE JANDRO)
“XOGADOR MÁIS VETERANO DA TEMPADA DE BURELA 10-11”
MANUEL NOVO PÉREZ (HOTEL VILA DO VAL)
1.- NEVES CANDO “POLA SÚA COLABORACIÓN COA LIGA DE FUTSAL DE BURELA”
2.- BENXA “ÁRBITRO MÁIS EXPLOSIVO DA LIGA DE BURELA 2010-11
3.- J.L. NARAY “MELLOR ÁRBITRO FORÁNEO DA LIGA DE BURELA 2010-11”





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
