Mañá e o sábado terá lugar a segunda fin de semana do mes do pincho electoral que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. Os 27 locais participantes servirán nesta ocasión tapas elaboradas con morcilla, chistorra e chourizo “para animar as datas nas que nos atopamos nas que son protagonistas os debates, os mitíns e as propostas políticas”, explica José Carlos Paleo, presidente de ACIA Foz. Os días 13 e 14 de maio chega a etapa da montaña a este mes do pincho electoral. Para o 20 e 21 queda a meta votante e os días 27 e 28 deste mes será o sprint final.
Segue en Foz o mes do pincho electoral con tapas elaboradas con morcilla, chistorra e chourizo
Segue en Foz o mes do pincho electoral con tapas elaboradas con morcilla, chistorra e chourizo
Relacionado
-
A UNED de Viveiro, dentro do seu programa de activiades de maio, ten aberta ata remate de mes nos baixos da biblioteca municipal, unha exposición sobre a trata de persoas
-
A directiva de Acisa lembra que os premiados na campaña do Día da Nai teñen ata o 16 de maio para reclamar os seus premios nas súas oficinas
-
A escola infantil municipal de Cervo celebrou a festa dos maios