Permítanme amable lector, pór un toque de humor coa pretensión de que lle orixine unha gargallada a algo tan serio como é isto da política, botando simplemente unha ollada aos seus slogans. Non sei eu a quen se lle ocorren, pero dende logo non teñen desperdicio algún, e moitas veces fanlle un fraco favor ao seu candidato-a no canto de axudarlle na súa idea ou propósito.
Un par de exemplos. O PP propón o cambio con cinco (im-presionantes) palabras: “Nadie fará máis por Viveiro”. Sen máis, cun fondo do candidato en fotografía fea onde as haxa, parece seu pai… Dende logo parece unha frase do padriño, do cacique dos debuxos de Castelao , mira ti si me votas eu conseguireiche un traballiño, unha farola para que poidas ir de noitiña buscar as verzas á horta….Facer que se acabará a crise e haberá menos paro? En que a Seguridade Social será máis rápida? En Mariano Rajoy? Pois “mire vostede”, eu non confío moito.
E outro. En busca da súa reelección, leo que o PSOE di : “Para que gañe Viveiro”. Para que gañe máis paro? Máis crise? Ou máis do mesmo? Ou sexa, menos.
O Bloque di “En Viveiro hai futuro”, o malo e que si colles o trebello do trasporte individual e vas a carretera adiante en todas partes teñen futuro, supoño que si votan aos candidatos-as do BNG.
En fin, que visto o cachondo que pode chegar a ser un slogan político, a min tamén se me ocorren algúns. Por exemplo, aos do IVI (Independestes de Viveiro) Podería irlles mellor con aquel de “Nin Aja nin Melchor, Viveiro é o único importante” A o PP estaría ben “E mentira o de que segundas partes nunca foron boas, Aja demóstrao . Cuarto século de candidato” poderíaselle titular un alto e claro “¡Viva Fonduras!” (si, estamos en España, e que?); A Roel podería irlle ben aquelo tan socorrido de “A culpa de todo é deles” e o BNG. Xoven si pero peso 100 kilos”.
Tamén se me ocorre facer nós mesmos -o cidadán do montón refírome- os nosos slogans para os políticos, e colgalos na cidade para que os puidesen ler e ata tropezarse con eles polas rúas, a ver se así son capaces de ver o que realmente queremos e opinamos deles. E navegando un pouco por Internet rescatei un moi interesante, que leva ata á reflexión: “Faga traballar ao político…¡Non o vote!”; e estoutro moi ocorrente e Real: “¿Por que non calan?”
Pero o meu slogan definitivo para todos e cada un dos candidatos políticos a estas eleccións de 2011, tras darlle moitas voltas, sería algo máis serio: “Votar ou botalos?”.Pois si, esa é a (triste) cuestión.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



