Nota de prensa:
O PSOE e BNG converteron a Deputación nunha axencia de colocación “dos amigos”
José Manuel Barreiro denunciou a realización de bases de oposicións e concursos de mérito “á carta”; discriminación á hora de otorgar productividade e mesmo clientelismo electoral por convocar preto das eleccións a OEP de 2007 que o PSOE recurrira ante o TSXG
Lugo, a 14 de maio de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular acusou hoxe a PSOE e BNG de converter a Deputación de Lugo nunha axencia de colocación “dos amigos”: convócanse procesos de selección
á medida das persoas a colocar ou para consolidar en postos de traballo da institución provincial o seu persoal de confianza. “A falla de transparencia na política de persoal levada a cabo polo bipartito non só é unha constante e característica
PSOE e BNG non só colocaron “a dedo” en postos relevantes dentro do organigrama da Deputación a persoas que ostentan cargos orgánicos importantes nas súas respectivas organizacións políticas, tales como Luis Rodríguez Edrosa, secretario de Organización na executiva provincial do PSOE, que, valendose de subterfuxios, dirixe o Inludes; Miguel Angel Fernández, alcalde de Triacastela, rexenta a granxa Gaioso Castro, ou Jose Carlos Ferreiro, secretario de Cultura e Educación da executiva socialista na capital provincial e asesor do Inludes; senón que despois forman partes dos tribunais nos que se selecciona persoal para a propia institución provincial. Resulta chamativo o caso de Rodríguez Edrosa, que participa nos tribunais de 12 das 17 prazas que conforman a oferta de emprego público realizada polo Inludes, organismo que, non hai que olvidar, el dirixe.
Pero Edrosa é peculiar, segundo Barreiro, en todo. Tanto que nun dos tribunais nos que el exercía de presidente, na vez de sacar a tradicional bola para determinar qué tema debían desenvolver os aspirantes, determinou el mesmo a pregunta do exame. Un feito que, segundo indicou, califícase por si mesmo.
A convocatoria de concursos específicos de méritos para cubrir vacantes na actual Relación de Postos de Traballo (RPT) tamén resultan sospeitosa ó entender de Barreiro, e semella, segundo recalcou, que a súa finalidade non é outra que afianzar no seu posto a persoas que previamente xa foran designadas pola súa vinculación política. É dicir, que se fai un concurso de méritos “á carta” para, por exemplo, perpetuar coma director da granxa provincial a Miguel Ángel Fernández.
Ademais, as bases para a provisión polo sistema de concurso de postos de traballo de persoal da Deputación, vacantes RPT 2010, foron modificadas sen pasar pola mesa xeral. Hai casos curiosos e un exemplo significativo pode ser o dunha praza de adxunto encargado da unidade de mantemento onde se otorgou á máxima puntuación a unha persoa pese a que á mesma concurriron outros traballodores que tiñan os mesmos dereitos, senón máis, e que foron valorados con 0 puntos por servizos prestados.
PRODUCTIVIDADE
A mesma “curiosidade” tamén se pode trasladar á productividade, un caso curioso, un candidato do BNG recibiu case 400 euros por este concepto por só 47 días traballados mentres outros traballadores, adscritos o seu mesmo departamento, cobrou proporcionalmente unha cantidade significativamente máis baixa, pese a ter traballado todo o ano.
PSOE e BNG, ademáis, colocan en postos de confianza a persoas tamén claramente vinculadas ós respectivos partidos, algo que, en principio é lóxico e ata aceptable polas características do cargo, pero o que é grave é que a meirande parte deles nin sequera se deixen ver pola Deputación.
José Manuel Barreiro fixo tamén referencia o “xa manido plan de emprego electoral”, o Lugo Emprega. Utilizouse, como xa acontecera co Plan Avanza, a entrevista personal para suplir as carencias curriculares dos aspirantes a ocupar un dos 711 postos de traballo ofertados. Neste punto o voceiro dos populares na Deputación lembrou o recoñecemento expreso de Antón Bao de que o proceso non fora transparente e o propio recurso presentado pola CIG.
Preto de medio cento dos traballadores seleccionados ou son ou teñen vinculación directa con cargos do PSOE e o BNG.
O representante popular tamén se referiu amplamente á “recuperación” a poucas datas da celebración das eleccións municipais da oferta pública de emprego que o PSOE, por medio do daquela deputado e hoxe membro do goberno provincial Manuel Martínez, recurrira en 2007.
Na súa opinión, non deixa de ser “chocante”, que no seu momento o PSOE argumentara o seu recurso contencioso-administrativo alegando que non se axustaba ó ordenamento xurídico e, catro anos depois, reanude o proceso sen variacións sustanciais. Na súa publicación no BOP de 9 de abril danse, ó entender de Barreiro, explicacións a este cambio de parecer: “o proceso selectivo foi suspendido por cautela motu propio, por mor de evitar posibles prexuizos ós interesados ó interpoñerse contra a indicada OEP/2007 recurso contencioso-administrativo, e que ó decare neste momento esta circunstancia non existe, a día de hoxe, obstáculo de ningunha naturaleza que poida impedir a reanudación do procedemento selectivo”.
En resumo, que para a Deputación bipartita o único obstáculo que había para levar adiante esta OEP correspondente a 2007 era o recurso presentado polo PSOE no seu día, “antes de estar no goberno”, puntualizou, e agora, tras a súa retirada, non ten ningún reparo que facerlle.
A pregunta que se fai Barreiro ante esta situación é obvia: por qué antes non e agora si?, ó tempo que recalca o “detalle” de que Edrosa, Ferreiro e Fernández López forman parte dos tribunais en 26 das 30 prazas ofertadas.
SECRETISMO
A maiores, o voceiro dos populares tamén se pregunta a razón pola que a Deputación mantivo “agochada nun caixón” a resolución do tribunal tras a retirada do contencioso. O auto do tribunal ten data do 18 de xaneiro do 2011 e entra no rexistro da Deputación o día 31. As OEP de 2007 concurriron 400 personas, pero a Deputación, ignorando e desobedecendo o fallo do TSXG, non informou ós interesados para que pudieran defender os seus dereitos, como tampouco os informou da retirada do recurso por parte do propio Manuel Martínez en novembro de 2010, nin da conformidade da Deputación con esta retirada.
O asunto, de feito, pasou pola xunta de goberno despois de que o 9 de abril, se publícasen no BOP as primeiras ofertas de emprego. As oposición fíxanse para principios de maio o que, xa en si mesmo, tamén resulta sospeitoso, dado que os aspirantes tiveron menos de un mes para preparalas.


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



