Nota de prensa:
A deputada popular Emma Álvarez Chao indica que está a prexudicar gravemente aos veciños provocando retencións importantes de tráfico
O PPDEG RECLAMA NO PARLAMENTO UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA AO ENLACE PROVISIONAL DA AUTOVÍA DO CANTÁBRICO COA N-634 EN LOURENZÁ QUE FOMENTO EXECUTOU SEN A PRECEPTIVA AUTORIZACIÓN DA XUNTA
Álvarez Chao ven de rexistrar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de lei para que a Xunta o esixa ao Goberno do Estado e que este, unha vez rematado o tramo Vilamar-Lourenzá manteña o enlace provisional na LU-153 a fin de darlle servicio aos concellos de Alfoz, Mondoñedo e Valadouro
Santiago, 14 de maio 2011.- A deputada do PPdeG Emma Alvarez Chao ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado unha solución inmediata ao enlace provisional da A-8 (Autovía do Cantábrico) ao seu paso por Lourenzá na súa conexión coa N-634 a través da estrada autonómica LU-153. Alvarez Chao recorda que o Ministro de Fomento inaugurou, o pasado mes de febreiro, dous tramos de 8 kms entre Barreiros-Vilamar e Vilamar-Lourenzá, este último incompleto.
“Para poder abrir este tramo ao estar incompleto fixose un enlace provisional, para o que Fomento non pediu autorización á Xunta de Galicia, a través da vía autonómica LU-153 que sirve de conexión coa estrada N-634 (Oviedo-A Coruña” segundo Emma Álvarez quen indicou que este está a prexudicar gravemente aos veciños “xa que se inhabilitou o carril de acceso a Lourenzá dende Alfoz facendo que os vehículos cuio destino sexa Lourenzá, Trabada, Riototo, A Pontenova e parte de Barreiros teñan que facer un percorrido de ida e volta ata a rotonda que será o enlace da autovía de aproximadamente 2 kilómetros”.
Así mesmo a deputada popular recorda na súa iniciativa que neste nexo de unión existen uns metros de pronunciada pendente “que está xenerando incidentes coa carga dos camións e tamén retencións de tráfico, que prevemos aumentarán nos meses de verán”.
Na Proposición non de Lei a deputada do PPdeG tamén á Xunta de Galicia dirixirse ao Goberno do Estado para, unha vez rematado o tramo Vilamar-Lourenzá, manter o enlace provisional na LU-153 a fin de darlle servizo aos concellos de Alfoz, Mondoñedo e Valadouro.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



