Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ AMOSÓUSE SORPRENDIDO DE QUE A PRAIA DAS CATEDRAIS NON CONTE CON BANDEIRA AZUL NESTE 2011, DESPOIS DAS MELLORAS REALIZADAS POLO CONCELLO AO LONGO DOS ÚLTIMOS ANOS.
Ribadeo, 25 de maio de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amosóuse sorprendido de que a praia das Catedrais non conte neste 2011 con bandeira azul, despois das melloras realizadas polo Concello ao longo dos últimos anos.
O rexedor contactou con Adeac “para que nos espuxera cales foron os motivos polos que a praia de As Catedrais non conta con bandeira azul, de momento aínda non os temos”. Fernando Suárez amosóuse sorprendido por esta decisión “porque As Catedrais é un areal que sí é certo que cada vez recibe máis xente, milleiros e milleiros de persoas, pero que nestes últimos catro anos desde o Concello fixemos unha chea de cousas. Puxemos puntos de información turística de atención diaria durante a época estival, reforzamos, duplicamos o número de socorristas para a atención desa praia e facemos unha limpeza sistemática como non se fai en ningunha outra praia”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “tamén é certo que a praia das Catedrais excede moitas veces o que é a competencia municipal, porque é unha praia que está en Ribadeo, que é de Ribadeo, pero é o emblema das praias galegas e boto moito de menos a colaboración doutras administracións. Sí temos algo desde a Deputación Provincial, pero o Ministerio de Medio Ambiente ténse comprometido moitas veces para botarnos unha man de cara a mellorar os aparcamentos e ao final desde o Concello en moitas ocasións temos que alugar prados para habilitalos en precario”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



