*LIVING SPORT REAFIRMA O SEU APOIO Á ENTIDADE LARANXA*
A tenda deportiva de Foz Living Sport reafirma o seu apoio á entidade laranxa
prolongando a súa colaboración co CD Burela FS nun compromiso fiel que o seu
director, Antonio Couto, adquiriu aló por 2001, nos propios xermolos do
proxecto, non só como empresario senón tamén como socio fundador da entidade.
Do mesmo xeito que noutras ocasións xa xestionou a incorporación de
sponsorización para o club laranxa, de cara á nova tempada Antonio Couto e
Living Sport tamén colaborarán coa firma Joma na subministración da roupa
oficial burelista 2011-12.
Como *tenda oficial do CD Burela FS*, en Living Sport (rúa Trapero Pardo, número
14, Foz) os afeccionados e afeccionadas laranxas poden atopar unha ampla
variedade dos produtos da entidade.
*LIVING SPORT REAFIRMA SU APOYO A LA ENTIDAD NARANJA*
La tienda deportiva de Foz Living Sport reafirma su apoyo a la entidad naranja
prolongando su colaboración con el CD Burela FS en un compromiso fiel que su
director, Antonio Couto, adquirió allá por 2001, en los propios gérmenes del
proyecto, no solo como empresario sino también como socio fundador de la entidad.
Al igual que en otras ocasiones ya gestionó la incorporación de sponsorización
para el club naranja, para la nueva temporada Antonio Couto y Living Sport
también colaborarán con la firma Joma en el suministro de la ropa oficial
burelista 2011-12.
Como *tienda oficial del CD Burela FS*, en Living Sport (calle Trapero Pardo,
número 14, Foz) los aficionados y aficionadas naranjas pueden encontrar una
amplia variedad de los productos de la entidad.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
