Nota de prensa
Aberto o prazo para participar en Artesanfroilán
– Todos os artesáns interesados poden consultar as bases do concurso e descargar o formulario de inscrición dende hoxe na páxina web www.centrad.org
– Estes profesionais deberán entregar a documentación requirida antes do 21 de agosto para poder expor os seus produtos dende o 5 ó 12 de outubro, durante as patronais da capital lucense, na céntrica praza Anxo Fernández Gómez
– Ó volume de negocio, próximo ós 100.000 euros en 2010, fai que o número de solicitantes vaia en aumento. Na última convocatoria incrementouse nun 40%
O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, abriu este venres o prazo de presentación de solicitudes para participar na XIV edición de Artesanfroilán. Todos os artesáns interesados poden xa consultar as bases do concurso e descargar o formulario de inscrición na páxina web www.centrad.org. Estes profesionais deberán enviar a documentación requirida dende hoxe e ata o 21 de agosto como data límite á seguinte dirección: CENTRAD, Travesía Rúa Chantada s/n, CP-27004, Lugo.
Artesanfroilán, que terá lugar dende o 5 ata o 12 de outubro na praza Anxo Fernández Gómez, ofrece a posibilidade de que uns 25 artesáns expoñan os seus produtos. O volume de negocio acadado en edicións anteriores, próximo ós 100.000 en 2010, fai que todos os anos o número de solicitudes vai en aumento. Na última convocatoria houbo 110 peticións de profesionais de toda España e Portugal, representando un 40% máis que en 2009.
Deputación e Concello de Lugo suman esforzos e impulsan o sector ó facer coincidir a celebración desta feira coa das patronais da capital lucense garantindo, deste xeito, que miles de persoas sexan partícipes da riqueza artesanal. Coma todos os anos, a organización tamén premia con 1.000 euros ó mellor expositor. Para elo, tal e como recollen as bases do concurso feitas públicas, tense en conta o deseño do “stand”, a presentación do produto, a orixinalidade, e o esforzo por mellorar a imaxe da feira.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



