A asociación O Tesón de Ribadeo convoca unha asemblea xeral ordinaria para o venres 8 de xullo ás 20 horas, para tratar sobre a memoria anual, os orzamento. Ao remate haberá un acto social con petiscos.
Asemblea de O Tesón de Ribadeo
Unha persoa esqueceu unha pota no lume. Queimouse todo o contido do recipiente e a vivenda encheuse de fume, por iso deberon intervir os Bombeiros de Viveiro, para poder ventilar e garantir a habitabilidade. Ninguén resultou ferido. Tampouco dúas mascotas que estaban dentro do inmoble. Quen avisou ao 112 Galicia ás 13:30 horas de hoxe eran os propios afectados, que vían saír fume da súa casa, situada na Rúa Grande, en Celeiro.
Este colectivo organiza, un ano máis, o V Encontro de Camións, que terá lugar na Alameda ortegana este venres e sábado. O encontro serviu para presentar a camiseta oficial desta quinta edición.
Este xoves gardouse un minuto de silencio ante a Casa do Concello, como xesto símbólico en solidariedade coas familias das persoas falecidas e desaparecidas, e con todas as persoas que resultaron vítimas, dun ou doutro xeito, da devastadora DANA que afectou sobre todo, á Comunidade Valenciana e a Castela A Mancha. As bandeiras tamén locen a media asta en sinal de loito.
Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado día 18 de outubro, no interior dun establecemento comercial de Ribadeo, cando supostamente a persoa investigada aproveitando un descoido da propietaria do local subtraeu dous aneis dun expositor. No marco da investigación logrouse recuperar un dos obxectos subtraídos, continuando xestións para localizar e recuperar o outro. As dilixencias policiais e a persoa investigada foron postos ao dispor xudicial.
O pasado sábado, 26 de outubro, tivo lugar na Pousada do Almacén en Cervo unha emotiva xuntaza do antigo alumnado do Cole de Cervo dende a xeración de 1977 ata 2006 para homenaxear a súa mestra Lila, con motivo da súa xubilación, estando acompañada polo seu inseparable Toño (tamén mestre no Centro). Lila foi unha carismática mestra que impartíu no Colexio Público de Cervo dende comezos da década dos 90 ata xuño pasado. Máis de 70 persoas asistiron á cea e unhas 110 participaron nos distintos agasallos entregados ao remate cos respectivos discursos. A homenaxe continuou logo no Muíño para rememorar anécdotas dos tempos mozos das persoas asistentes.
A edil Begoña Sanjurjo explicou que “foi unha xornada de convivencia e desconexión do mundanal ruído”. E contou que “a meteoroloxía deixounos desfrutar da contorna do balneario e da área recreativa da Carballeira en Parga, onde comemos”. A concelleira de Igualdade dixo que “foi unha experiencia que nos deixou gañas de repetir”.
Destinado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixente tarefa de coidar as persoas maiores e enfermas. Será ás 18 horas.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital