Nota de prensa:
O CONCELLO ACOLLERÁ UN ACTO O SÁBADO PARA OFRECERLLES INFORMACIÓN SOBRE INTERNET INALÁMBRICO E TELEFONÍA ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA ZONA RURAL DE RIBADEO. A XUNTANZA ENMÁRCASE DENTRO DA EXTENSIÓN DA BANDA AMPLA POLO TERRITORIO DA RESERVA DA BIOSFERA.
Ribadeo, 23 de xuño de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Mocidade e Sociedade da Información, Xavier Campos, convidan ás asociacións de veciños da zona rural de Ribadeo a un acto que terá lugar o vindeiro sábado no salón de plenos do Concello para ofrecerlles información sobre internet inalámbrico e telefonía. Alí estarán técnicos e comerciais da empresa Eurona Telecom, á que a Asociación de Concellos galegos e asturianos do entorno da Reserva da Biosfera lles adxudicou os traballos de extensión da banda ampla polo territorio.
No escrito remitido ás asociacións de veciños por parte do rexedor, éste lembra que “hai máis dun ano asinamos un convenio de colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño polo que éste se comprometeu a aportar uns 2.000.000 de euros para diferentes actuacións de mellora do noso entorno como subvencións para corrección de impactos paisaxísticos a particulares, axudas económicas aos Concellos para mellorar os servizos de medioambiente e tamén, unha importante partida económica para lograr un acceso a toda a poboación urbana e rural ás novas tecnoloxías da comunicación”. Fernando Suárez engade que “para isto, a Asociación de Concellos da que formamos parte, concertamos unha primeira fase dunha inversión tecnolóxica para que a nosa xente poida ter un acceso a internet en moitos núcleos e parroquias destes Concellos, entre eles Ribadeo, que ata a actualidade tiñan graves problemas de conexión. É por iso que adxudicamos á empresa Eurona Telecom o traballo de extensión da banda ampla polo territorio da Reserva”.
As asociacións veciñais convocada ao acto previsto para o sábado ás 12 da mañá no salón de plenos do Concello son as de A Devesa, Arante, As Anzas, Cedofeita, Cinxe, Couxela, Covelas, Folgosa, Noceda, Ove, Piñeira, Piñeiro, Remourelle, Rinlo, Vilaframil, Vilar, Vilaselán, Vilausende e Vilela. O encontro cos técnicos e comerciais de Eurona Telecom é para explicarlles os detalles da oferta para recibir internet inalámbrico xunto con telefonía, especialmente pensada para as parroquias do rural que a día de hoxe teñen mala cobertura de ADSL.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



