Referencia
Actividades de Verán Moitas maneiras de gozar
xuno, xullo e agosto de 2011
+ info: OMIX 982 120 80
CAMPAMENTO URBANO I:
Para nenos nados entre 2003 e 2006
Datas: 4 ao 15 de xullo de 10:30 a 13:30 h.
Lugar: Colexio Gregorio Sanz
Cota de incrición: 30 euros
Prazas: 70
Prazo e lugar de preinscrición: do 15 ao
23 de xuño na OMIX de 9:00 a 14:00 h (non
se admiten reservas por teléfono)
Sorteo das prazas: 24 de xuño ás 12:00 h
no Salón de plenos do Concello.
Documentación a presentar:
– preinscrición: folla de solicitude.
– formalización da matricula dos admitidos
(data límite 30 de xuño): xustificante de
pagamen
CAMPAMENTO URBANO II:
Para nenos entre 1997- 2002
Datas: 18 ao 29 de xullo de 10:30 a 13:30 h.
Lugar: Colexio Gregorio Sanz
Cota de incrición: 50 euros
Prazas: 70
Prazo e lugar de preinscrición: do 15 ao
23 de xuño na OMIX de 9:00 a 14:00 h (non
se admiten reservas por teléfono)
Sorteo das prazas: 24 de xuño ás 12:30 h.
no Salón de plenos do Concello.
Documentación a presentar:
– Preinscrición: folla de solicitude.
– Formalización da matricula dos admitidos:
(data límite 30 de xuño) xustificante de
pagamento, DNI e tarxeta sanitaria do
neno, e folla de cuestionario médico e
declaración de saber nadar
TORNEO 3×3
Nenos e nenas nados entre 1997-2004
Horario: 10:30- 13:30 h.
Datas: 4 ao 15 de xullo.
Lugar: Praza de España.
Non fai falta inscrición.
XOGOS NO TELECENTRO
do 27 de xuño ao 1 de xullo
Nenos e nenas a partir de 4 anos.
Horarios: 10:30- 11:30; 11:30- 12:30;
12:30-13:30.
Lugar: Casa da Xuventude.
Lugar e prazo de inscrición: a partir do
13 de xuño ata cubrir prazas ou inicio de
actividade (non se admiten reservas por
teléfono).
LECER EN FAMILIA
24 de xuño
Susa Herrera
“Animales encantadores”
Biblioteca Municipal 18:00 h.
30 de xullo
Teatro de ningures (teatro de rúa):
“Os comicos dell auto”
Praza de España 20:30 h.
11 de agosto
Teatro Alentía
“A espada máxica”
Rinlo, 20:30 h.
18 de agosto
Os sete magnificos máis un
“Dous paiasos en apuros”
Rúa san Francisco 20:30 H.
25 de setembro
La tirita de teatro
“Bajo mi cama una estrella”
Auditorio municipal Hernán Naval. 17:30h

























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



