O PP CONSUMOU NO PLENO DE HOXE A UTILIZACION DAS ARCAS MUNICIPAIS PARA O SEU PROPIO BENEFICIO
O concello mais endebedado por habitante da comarca será o único que conte cunha asesora que nin sequera ten horario laboral
Cervo, 30 de xuño de 2011. O BNG cualificou a proposta de dedicacións do grupo de goberno e a contratación dunha asesora levada hoxe a pleno polo Alcalde, Alfonso Villares, de estafa e uso abusivo das arcas municipais en beneficio do partido. Para os nacionalistas Cervo non se pode permitir o pago de mais de 110.000 euros anuais en salarios para o grupo de goberno e na contratación dunha asesora até fai pouco concelleira do grupo popular porqué nin o contexto económico, nin a situación das arcas municipais están para pagar favores, nin para contentar aos membros do grupo de goberno. O portavoz municipal nacionalista afirmou que “en Cervo non existen precedentes da contratación de asesores e será o único concello da Mariña que conte cunha asesoría externa contratada como persoal de confianza”.
O concello mais endebedado da comarca permitíndose o luxo de contratar asesoras e salarios que duplican os de concello co dobre de poboación.
Estúa fixo fincapé no contexto económico e na situación das arcas municipais para expoñer a posición do BNG contraria ás asignacións económicas do grupo de goberno cervense “o mais caro da comarca” que superará, “asesora de políticas sociais incluída os 110.000 euros anuais”. O nacionalista recalcou que a débeda bancaria do concello de Cervo supón que cada un dos seus 4595 habitantes deben 559 euros a entidades bancarias e con estes datos “quen debera dar exemplo no control do gasto é o goberno municipal que fai todo o contrario”.
Nin o alcalde, nin o portavoz municipal popular, Balseiro, deron explicado a necesidade de contratar unha asesora externa.
Aínda que preguntados en varias ocasións, nin o alcalde, nin o portavoz municipal do PP, José Manuel Balseiro, “foron quen de explicar a necesidade de contratar unha asesora externa, ex – concelleira popular, para políticas sociais que vai custar anualmente 20.908 euros ás arcas municipais, cando hai xa nomeadas tres concelleiras delegadas responsábeis de políticas sociais en diferentes ámbitos que xa van cobrar polas súas delegacións. Estúa cualificou como “componenda interna do PP e pago de favores” a contratación desta asesora “que xa cobraba sendo concelleira e seguirao facendo agora”. Na mesma liña o nacionalista, estimou como “salarios encubertos” o pago a dúas concelleiras que non teñen dedicación a súa asistencia a Xuntas de Goberno Local a 150 euros a sesión, “as mais altas da comarca”.
Baleirado de competencias do pleno municipal delegando a maior parte das súas funcións na Xunta de Goberno.
Estúa tamén criticou o baleirado de competencias do pleno da corporación que delegou a maior parte das súas funcións na Xunta de Goberno Local, evitando deste xeito o debate e o contraste de opinións do máximo órgano de representación do concello. O nacionalista augurou “catro anos mais con plenos sen contido local, dedicados a debater as mocións sen contido puramente local ou vendo como o PP terxiversa o sentido das iniciativas da oposición mediante emendas de substitución”





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



