GRUPO MUNICIPAL
PARTIDO POPULAR
RIBADEO
Dna. María Azucena González Loredo, Concelleira do Grupo Municipal Popular no Concello de Ribadeo, en nome e representación do mesmo e ó amparo do establecido nos artigos 94.1 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais de 1986, eleva ó Pleno da Corporación para o seu debate a seguinte
MOCIÓN PARA A APROBACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL DE ACCESIBILIDADE DO CONCELLO DE RIBADEO
Constitúe unha actuación prioritaria para o Partido Popular de Ribadeo toda aquela que favoreza a integración e axuda das persoas que padecen algunha discapacidade. O obxectivo fundamental é garantir ós cidadáns o pleno desenvolvemento dos dereitos que lles son propios, con maior afán, si cabe, tendo en conta a necesidade de garantías suplementarias para logralo por parte das persoas con discapacidade, circunstancia que outorga un lugar de especial relevancia entre os intereses municipais, a supresión de barreiras en pro dun entorno que faga posible a sua total integración social. Ó mesmo tempo, e en consecuencia, fais máis libre e seguro para todos o uso do noso medio urbano.
O obxectivo xeral é lograr un concello aberto a todos, un entorno construido accesible que permita unha participación sin exclusión das persoas con discapacidade na vida diaria, o ocio e a cultura.
“Corresponde a los poderes públicos promover las condiciones para que la libertad y la igualdad del individuo y de los grupos en que se integra, sean reales y efectivas; remover los obstáculos que impidan o dificulten su plenitud y facilitar la participación de todos los ciudadanos en la vida política, económica, cultural y social”.
Neste precepto constitucional (artigo 9.2 da Constitución Española, en relación cos artigos 10, 14 e 49 da mesma) condénsase de forma clara e directa o obxectivo subxacente de toda a actividade pública realizada en torno á consecución dun ámbito libre de barreiras para todos os cidadáns, en pro dunha garantía real e efectiva dunha digna calidade de vida para todos. Así se enuncia no Preámbulo e desenvólvese despois no Titulo Primeiro da nosa Carta Magna, ámbolos dous constitutivos da súa parte dogmática, coa importancia nuclear que esto conleva.
O artigo 49 da Constitución Española establece coma un dos principios que han de rexer a política social e económica dos poderes públicos, o de levar a cabo unha política de integración das persoas con discapacidade, amparándoas especialmente para o disfrute dos dereitos que o Título I outorga a tódolos cidadáns e cidadás.
A partires dese momento foi grande o esforzo das distintas Administracións Públicas, desde as distintas perspectivas, por crear as condicións propicias para o desenvolvemento das garantías suplementarias que as persoas con discapacidade precisan para a súa plena participación en situación de igualdade ó resto dos cidadáns na vida económica, social e cultural do país.
A Convención das Naciones Unidas para as persoas con discapacidade adoptada o 13 de decembro de 2006, e ratificada polo Estado Español, recolle no artigo 3 a accesibilidade coma un dos seus principios xerais, e establece no seu artigo 9 que os Estados Partes que ratificasen a Convención ‘(…) adoptarán medidas pertinentes para asegurar o acceso das persoas con discapacidade, en igualdade de condicións coas demáis, ó entorno físico, o transporte, a información e as comunicacións, incluidos os sistemas e as tecnoloxías da información e as comunicacións, e a outros servicios e instalacións abertos ó público ou de uso público, tanto en zonas urbanas coma rurais.’, sinalando específicamente: ‘Os edificios, as vías públicas, o transporte e outras instalacións exteriores e interiores como escolas, vivendas, instalacións médicas, e lugares de traballo’.
Na nova normativa estatal, a accesibilidade xa non é considerada coma un aspecto máis ou menos intenso da acción social ou os servicios sociais, senon que é entendida coma un presuposto esencial para o exercicio dos dereitos fundamentais que asisten ós cidadáns con discapacidade.
Así a Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, no seu artigo 4 considera como un dos motivos de vulneración do dereito á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, o incumprimento non só das esixencias de accesibilidade, senon tamén de realizar axustes razonables.
En consecuencia, esta Ordenanza asume as novas propostas que supuxeron unha importante mellora en canto ó recoñecemento dos dereitos das persoas con discapacidade, axústase ós criterios unificadores das condicións básicas establecidas no RD 505/2007 desenvolvidas no real decreto 173/2010 de 19 de febrero, polo que se modifica o Código Técnico de la Edificación, aprovado polo Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, en materia de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade e na ordenanza viv/561/2010 de 1 de febrero, poa que se desenvolve o documento técnico de condiciones básicas de accesibilidad y no discriminación para el acceso y utilización de los espacios públicos urbanizados, e intenta poñer o acento nas importantes competencias municipais en canto ó logro da accesibilidade no ámbito da urbanización e edificación, conforme ás lexislacións de réxime local e urbanística; así como mellorar e precisar os mecanismos de control existentes e o cumprimento da normativa aplicable.
A Administración Local, como Administración máis cercana ó cidadán, debe facer efectiva a sua competencia municipal na materia coa aprobación da presente Ordenanza, reguladora da Accesibilidade no Concello de Ribadeo, en base ó establecido nos artigos 2 e 25 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, relativos ás competencias municipais, en relación coa previsión constitucional referente á autonomía local do artigo 140 da Constitución Española.
O Concello de Ribadeo, facendo uso da potestade regulamentaria que lle é propia en virtude do artigo 4 da Lei 7/85, debe ser consciente dos continuos cambios operados na sociedade, que fan insuficientes as previsións legais en canto á sua operatividade práctica, nun campo tan importante coma o que nos ocupa, e estimar necesaria a aprobación das concretas condicións que favorezan de feito, no noso municipio, os efectivos dereitos das persoas con discapacidade que nel residen.
Esta Ordenanza inspírase nos principios da Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal:
a) Vida independente: a situación na que a persoa con discapacidade exerce o poder de decisión sobre a sua propia existencia e participa activamente na vida da sua comunidade, conforme ó dereito ó libre desenrolo da personalidade.
b) Normalización: o principio en virtude do cal as persoas con discapacidade deben poder levar unha vida normal, accedendo ós mesmos lugares, ámbitos, bens e servicios que están a disposición de calquera outra persoa.
c) Accesibilidade universal: a condición que deben cumprir os entornos construidos, productos e servicios, para ser comprensibles, utilizables e practicables por tódalas personas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. Presupón a estratexia de «deseño para todos».
d) Deseño para todos ou deseño universal: estratexia de deseño centrado na diversidade de posibles usuarios, pola que se conciben ou proxectan, desde a orixe, entornos construidos, productos, tecnoloxía e servicios de información e comunicación, accesibles, comprensibles e usables para todos, na maior medida e do modo máis independente e natural posible, preferiblemente sin a necesidade de adaptación ou solucións especiais.
e) Axustes razonables: as accións necesarias para que persoas con discapacidades poidan realizar todo tipo de actividades sempre e cando non supoñan cargas desproporcionadas (gastos financieiros e de outro tipo). Ditos gastos non se considerarán excesivos cando se poidan compensar en grado suficiente con medidas de promoción das Administracións Públicas
f) Diálogo civil: o principio en virtude do cal as organizacións representativas de persoas con discapacidade e das suas familias participan, nos termos que establecen as leis e demáis disposicións normativas, na elaboración, execución, seguimento e evaluación das políticas oficiais que se desenvolven na esfera das persoas con discapacidade.
g) Transversalidade das políticas en materia de discapacidade, o principio en virtude do cal as actuacións que desarrollan as Administracións públicas non se limitan únicamente a plans, programas e accións específicos, pensados exclusivamente para estas persoas, senon que comprende as políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, en donde se terán en conta as necesidades das persoas con discapacidade.
En virtude do exposto, desde o grupo do Partido Popular que compón esta Corporación solicitamos que se adopte o seguinte acordo:
Aprobar a Ordenanza Municipal de Accesibilidade de referencia
A realización de cantos actos ou trámites sexan precisos para a súa aplicación.
———–
ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
TÍTULO PRIMEIRO: DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1.- Disposicións xerais
TÍTULO SEGUNDO: CRITERIOS BÁSICOS PARA A MELLORA DA ACCESIBILIDADE e
REHABILITACIÓN NO MEDIO URBANO
? CAPÍTULO PRIMEIRO: PARA A ORGANIZACIÓN e DESEÑO DO ESPACIO URBANO
SECCIÓN PRIMEIRA.- ÁMBITO DE APLICACIÓN e OUTROS CONCEPTOS. Artigo 2.- Ámbito de aplicación.
SECCIÓN SEGUNDA.- ELEMENTOS COMÚNS DE URBANIZACIÓN Artigo 3.- Deseño e trazado da vía.
Artigo 4.- Pavimentos. Artigo 5.- Pasos peonís.
Artigo 6.- Pasaxes de vehículos. Artigo 7.- Escaleiras.
Artigo 8.- Xardíns, prazas e espacios públicos. Artigo 9.- Aparcadoiros.
Artigo 10.- Facilidade de estacionamento. Artigo 11.- Bolardos.
Artigo 12.- Alcorques. Artigo 13.- Semáforos.
SECCIÓN TERCEIRA.- ELEMENTOS E INSTALACIÓNS DO MOBILIARIO URBANO Artigo 14.- Catálogo de mobiliario urbano.
Artigo 15.- Localización do mobiliario. Artigo 16.- Normas xerais.
Artigo 17.- Avisadores sonoros. Artigo 18.- Elementos salientes. Artigo 19.- Contedores de residuos. Artigo 20.- Obras en vía pública.
? CAPÍTULO SEGUNDO.- PARA A EDIFICACIÓN
SECCIÓN PRIMEIRA.- ÁMBITO DE APLICACIÓN Artigo 21.- Ámbito xeral de aplicación.
SECCIÓN SEGUNDA.- GRAO DE APLICACIÓN DA ORDENANZA A CADA TIPO DE OBRA Artigo 22.- Grao de aplicación individual.
SECCIÓN TERCEIRA.- CRITERIOS CONSTRUCTIVOS E REQUISITOS DIMENSIONAIS Artigo 23.- Áreas de estacionamento.
Artigo 24.- Accesos.
Artigo 25.- Accesos á edificación.
Artigo 26.- Vestíbulos e elementos de comunicación horizontal. Artigo 27.- Elementos de comunicación vertical.
Artigo 28.- Aseos adaptados.
1
Artigo 29.- Disposicións en espacios interiores das vivendas.
Artigo 30.- Disposicións específicas para centros públicos e edificios de concorrencia pública.
SECCIÓN CUARTA.- CRITERIOS ESPECÍFICOS PARA REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS CON PROTECCIÓN e DE EDIFICIOS EN XERAL
Artigo 31.- Edificios de especial protección.
Artigo 32.- Rehabilitación de edificios non protexidos.
TÍTULO TERCEIRO: RESPONSABILIDADES, CONTROL e SEGUIMENTO
SECCIÓN PRIMEIRA: RESPONSABILIDADES das ADMINISTRACIÓNS
Artigo 33.- Obrigacións das administracións. SECCIÓN SEGUNDA.- CONTROL e SEGUIMENTO Artigo 34.- Gabinete de Accesibilidade Municipal.
TÍTULO CUARTO: INFRACCIÓNS e RÉXIME SANCIONADOR CAPITULO ÚNICO.- INFRACCIÓNS e RÉXIME SANCIONADOR Artigo 35.- Faltas administrativas e sancións.
DISPOSICIÓN FINAL PRIMEIRA
DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA























Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



