Nota de prensa
SENTENCIA FAVORABLE AO CONCELLO QUE NON TERÁ QUE PAGARLLE 15 MILLÓNS DE EUROS Á EMPRESA MAHÍA EN CONCEPTO DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL. FERNANDO SUÁREZ ALÉGRASE DO FALLO QUE XA É FIRME.
Ribadeo, 24 de xuño de 2011. Sentencia favorable ao Concello de Ribadeo que non terá que pagarlle 15 millóns de euros á empresa Mahía en concepto de responsabilidade patrimonial. O conflicto inicióuse no ano 2005 cos convenios urbanísticos que aprobou o PSOE, co voto en contra do BNG e a abstención do PP, para construir na zona do Costal entre 300 e 400 chalets, convenios que coa chegada do BNG á alcaldía non foron para adiante. O alcalde amósase satisfeito pola sentencia que é firme, porque non houbo apelación por parte da empresa.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “quero facer pública unha sentencia hoxe que colea de tempo atrás, de cando a xente estaba un pouco tola e de canto aquí todo o mundo pretendía facer chalets ata na rúa. Falo do ano 2005, cando se aprobaron inicialmente unha serie de convenios urbanísticos co apoio de quen gobernaba antes, o PSOE, co voto en contra do BNG e coa abastención do PP. Algúns convenios absurdos que despois posteriormente a propia Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta decía que non eran admisibles porque significaban a dispersión de futuros núcleos urbanos polo territorio, que moitos deses terreos eran eucaliptais, como era o caso, e que non respondían aos necesarios criterios de sostibilidade”.
O rexedor lembrou que “unha destas empresas, Mahía, pretendía converter a zona do Costal, que é un inmenso eucaliptal, en 300 ou 400 chalets. E para iso pretendía converter o solo forestal en solo urbano consolidado. Iso afortunadamente non foi así, despois a Corporación Municipal do mandato anterior no que eu gobernei en minoría, pero co consenso de todos, a todos nos chegou o sentidiño e vimos que non era axeitado ese tipo de crecemento e xa non puxemos ningún tipo destes solos urbanizables na propia aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Pero esta empresa, Mahía, pediu nada máis e nada menos que 15 millóns de euros polo suposto lucro cesante que ela deixara de percibir”.
Suárez Barcia manifestou que “afortunadamente a xustiza é xusta e ven de confirmar que o Concello non ten ningunha responsabilidade, que non lle debe pagar nin un só céntimo de euro e eu agardei aproximadamente un mes para facer pública esta noticia esperando a que se confirmara a sentencia por si había apelación ou non. Finalmente non a houbo, a sentencia é firme e alégrome de que isto quede nunha anécdota que se iniciou hai anos, pero podía traerlle un disgusto ao Concello de Ribadeo por unhas indemnizacións cuantiosas que sería o reflexo dunha maneira atolada e torpe de facer política como se fixo anos atrás enganando a moitísima xente”.
O rexedor tamén subliñou que “de chegar a ser así toda esa superficie de máis de 80.000 metros cadrados de edificabilidade habíanse sacar doutros sitios do concello, dos núcleos rurais ou mesmo do ámbito urbano. Eso sería unha carga para o resto dos veciños para que logo unha empresa comprara un monte e no monte medrara ourego en lugar de eucaliptos. Alégrome da sentencia e o que nos toca é seguir mirando cara adiante como o estamos a facer, aprobar e sacar a exposición pública outra vez o PXOM para canto antes ter un plan que se adapte ás directrices autonómicas, ás directrices da lei do solo de Galicia e que sempre, sempre, sempre cumpra o interese xeral, que é para o que os veciños non poñen para vixiar polo interese xeral e non polo interese particular dalgunhas empresas, como esta Mahía, por grandes que puideran ser no seu momento”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



