“Rompeolas”
Abril de 1986, hai 25 anos: sae á rúa o número 1 do periódico “Rompeolas”, que editaría o Clube Náutico, renovada a directiva por eleccións celebradas o 12 do mesmo mes, quedando así: presidente, Suso Fernández; vice: Fco. Luis Fdez Rego; secretaria: Mª do Carme Fdez. Moreda; tesoreiro, Fco. Fdez. Otero; Vocais: Antonio Eijo Rguez., Teodoro Moreda, José A. Rey Lestegás e Fco.Méndez Beltrán. No ángulo superior esquerdo da portada, o escudo da sociedade, sobre silueta de escena mariña e enriba: “ROMPEOLAS” “Voceiro do Clube Náutico de Foz”. Baixo iste encabezamento, que sería para os números sucesivos, carta do presidente de saúdo ós socios, na que, brevemente, explica a intención que anima ós novos responsabeis, entre os que figuraba “facer del un lugar de encontro dos focegos, nativos e foráneos, para o que a directiva se esforzará en lograr un local mais acolledor, e unhas instalacións que permitan as actividades deportivas (diversificadas, para que interesen ó maior número de socios), culturais e sociais, cumprindo os fins para o que o clube foi creado, participando na promoción turística de Foz, intención de moitas das nosas actividades. Queremos converter o clube no aglutinante de vontades, integrando no mesmo ás sociedades culturais e deportivas da vila, e coas que non sexa factible, manter a mais estreita colaboración, cun fin único: propiciar a convivencia nun clima de unión e solidaridade, a través da cultura e o deporte”.Unha foto de José Ramón da Cangalla, que finara había pouco, cunha pequena semblanza do popular persoeiro, que remata asi: ”…hoxe o mar de Foz está de loito. O vello mariño rindíu a derradeira singradura; e o estamos tamén os seus amigos, e tódolos focegos, pois acabamos de perder a un dos mais entrañables personaxes, xa case inexistentes, que son o mais amable refrexo do talante dos pobos”. Dous artígos inclue o “Rompeolas”: “El deporte náutico, objetivo prioritario”, de Culís, e “La esperanza de una nueva singladura”, de Fernando Montañés. Publícase tamén a relación nominal de socios, que naquel intre eran 395.
Suso Fernández



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



