Nota de prensa
– O Presidente e o Alcalde de Lugo inauguran o novo espazo que dende hoxe recupera a cidadanía e que foi rehabilitado conxuntamente polas dúas administracións co Plan Urban
– Gómez Besteiro subliña que “recuperamos como espazo público o que era de uso exclusivo, continuando coa apertura da Deputación á cidade e á provincia”
– Grazas á colaboración gratuíta de varios colectivos e empresas, as degustacións de produtos autóctonos e demostracións de oficios tradicionais das comarcas da Mariña, Terra Chá-Ulloa, Ribeira Sacra, Montaña e Lugo centro, representaron simbolicamente a apertura oficial dos xardíns a toda a provincia
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, inauguraron este martes os xardíns provinciais que foron acondicionados conxuntamente co Plan Urban, o programa europeo que impulsan ambas as dúas administracións e que inclúe ambiciosas actuacións como a reactivación do casco histórico ou a peonalización da praza de San Marcos. Gómez Besteiro subliñou que “recuperamos como espazo público o que era de uso exclusivo, continuando coa apertura da Deputación á cidade e á provincia. Desde hai catro anos os veciños converteron nun xesto habitual o cruzar a porta da Deputación, ata ese momento a grande descoñecida. Dende hoxe, abrímola tamén a un dos monumentos máis importantes da provincia: a Muralla de Lugo, facendo máis visible esta institución que está ó servizo de todos e contribuindo a ampliar o Paseo Interior”. Pola súa banda, o Alcalde confirmou que se completará dito Paseo, “un proxecto que se iniciou sendo o Presidente Concelleiro”.
A partir de hoxe a cidadanía ten a súa disposición esta nova zona de estancia ata o de agora pechada ó público e que permite dar continuidade ó Paseo Interior da Muralla, logo da recuperación e adecuación dos calexóns que conectan desde a rúa do Teatro ata a Praza do Ferrol. A zona rehabilitada ocupa unha superficie de 8.000 metros cadrados e ten wifi gratuito grazas ó programa Innova-TE de administración electrónica de Deputación. Nela inclúe un paseo pavimentado en pedra de máis de 100 metros que permite que a parte posterior do Pazo tamén sexa transitable, así como zonas verdes e mobiliario urbano que humanizan o espazo, facendo máis agradable a estancia dos usuarios. Os xardíns permanecerán pechados unicamente pola noite, das 24:00 ás 7:00 horas.
Ademais do Presidente e do Alcalde da capital, unhas 300 persoas estrearon a nova zona, entre as que se atopaba unha ampla representación de autoridades provinciais e locais, de asociacións culturais e veciñais de toda a provincia, de representantes da Universidade e dos centros educativos.
Abertos a toda a provincia
Tendo en conta o simbolismo que ten a apertura dos xardíns para Lugo, a Deputación quixo que no acto inaugural estivesen representadas todas as zonas da provincia. Deste xeito, Gómez Besteiro e o Alcalde, acompañados do público presente, percorreron cada un dos recunchos dos xardíns nos que se homenaxeaba a cada comarca. A colaboración gratuíta de asociacións e empresas fixo posible degustacións de produtos autóctonos e demostracións de oficios tradicionais:
– Zona Terra Chá e Ulloa: estivo formada por unha exposición de produtos autóctonos destas dúas comarcas como embutidos, queixos e meles, e pola música dos catro gaiteiros pertencentes ó grupo “A Rincadeira” de Vilalba.
– Lugo centro: representado por varias artesás do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación. Fixeron demostracións das técnicas de cestaría que imparte o CENTRAD ó longo do ano. 12 integrantes do grupo “Cantareiras de Andrade” foron as encargadas da actuación musical.
– A Mariña: redeiras de Burela e veciñas naturais de Cabo Verde afincadas no municipio da costa homenaxearon á zona norte da provincia.
– A Montaña: unha exhibición do manexo do tear a cargo dunha veciña de Triacastela e violinistas do grupo “Sahsa” representaron a esta zona.
– Ribeira Sacra: a cata de viño de Denominación de Orixe do sur da provincia, acompañada dunha degustación de queixo, culminou o paseo no que o Presidente da Deputación reinvindicou a Declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, outro dos obxectivos do goberno provincial para este mandato.
A historia dos xardíns
Gomez Besteiro lembrou que, dende a creación da Deputación en 1835, a parte posterior do edificio adicouse a varios fins ó longo da historia. En maio de 1876, a proposta dos ex deputados Castro Freire e Losada, decidiuse empregar como zona verde de plantado de diferentes especies vexetais, como árbores e patacas, servindo de modelo de produción agrícola para os agricultores lucenses. Deste xeito, é posible que algunhas das especies arbóreas que hoxe existen daten daquela época, contando con preto de 200 anos de existencia.
Pero a orixe dos xardíns non se produce ata case 55 anos máis tarde. Foi en maio de 1931 cando se autoriza ó arquitecto provincial a que procedese á tala dalgunhas árbores existentes na parte alta, comprendida entre as dúas naves laterais dereita e central, trazándose en dito lugar xardíns baixos e xeométricos. Esta actuación, que supuxo un investimento de 500 das antigas pesetas, é a que deu lugar á recuperación como espazo público.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



