En colaboración ca Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a A.C. ARRINCADEIRA, organiza a actividade de verán denominada Queres que cho conte? integrada no proxecto cultural e de lecer global Cultura sobre Rodas. Queres que cho conte? é unha actividade na que se mestura dinamicamente a literatura oral, o teatro, a danza e a música, cun obxectivo común, achegar os contos tradicionais das nosas terras ao público infantil, dun xeito entretido e divertido. Unha actividade que desenvolve a compañía de teatro profesional Palimoco Teatro. Esta actividade terá lugar o 5 de agosto ás 16:30 h. no Mazo a carón do rio (se chove faríase na casa da cultura).





















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



