Nota de prensa
O CONCELLO TEN ESGOTADO O ORZAMENTO DE TURISMO PARA ESTE 2011, SEGUNDO AFIRMOU A CONCELLEIRA MÓNICA PEDRE. A EDIL POPULAR MANIFESTOU QUE NON HAI CAPACIDADE ECONÓMICA PARA FACER NINGUNHA ACTIVIDADE CULTURAL MÁIS DAS PREVISTAS.
Burela, 7 de xullo de 2011. O Concello de Burela ten esgotado o orzamento de Turismo para este 2011, segundo afirmaba este mediodía a concelleira de Turismo, Educación e Cultura, Mónica Pedre. A edil popular manifestou que non hai capacidade económica para facer ningunha actividade cultural máis das previstas, pero que o equipo de goberno procurará facer máis con menos.
Mónica Pedre, a concelleira burelesa de Cultura, Educación e Turismo, foi categórica hoxe ao asegurar que “o orzamento de Turismo para o presente ano está absolutamente esgotado, e é moi probable que quede en números vermellos”. Pedre explicou que “había dúas partidas iniciais por importe de 23.000 euros, dos que xa se gastaron 13.860’94, co que queda un saldo de 9.139’06 euros. Ata aquí pode parecer correcto, pero é que están comprometidos un total de dezaoito mil euros para a celebración da Feira do Bonito e de Produart. Entón en realidade temos un desfase de nove mil euros en contra do Concello”.
A concelleira popular amosou a súa preocupación polo pago das actividades de turismo para o que queda de ano, “temos previsto ir a Ferrol a presentar a Feira do Bonito xunto con Ledicia, manteremos o apoio á Romaría do Monte Castelo e mesmo imos reeditar de novo un rueiro de Burela, xa que non había ningún exemplar para entregarlle aos visitantes, estáse a traballar con fotocopias do último rueiro editado no ano 2006. Pero creo que nada máis poderemos facer”.
Polo que se refire a Cultura, Mónica Pedre indicou que “a programación cultural do outono está feita e só hai cartos para pagar dita programación, dez mil setecentos euros”. Con todo, Pedre indicou que “tirando de imaxinación, seguro que poderemos organizar algunha cousa máis cun custo moi limitado”.
A concelleira de Educación do equipo de José Mª González Barcia dixo que “no tocante a Educación temos 6.200 euros para pagar dous meses de piscina dos escolares dos Ceips de Burela, e 4.800 euros para outras actividades. Estes catro mil oitocentos euros vamos aproveitalos ao máximo para comezar a cumprir cos nosos compromisos en materia de actividades escolares”.
Mónica Pedre indicou que “as actividades que estamos programando e que se irán dando a coñecer vamos procurar que teñan un custo reducido ou mesmo cero para o Concello. Procuraremos facer máis con menos”.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



