Nota de prensa
A CORPORACIÓN APROBOU POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN DE URXENCIA DO EQUIPO DE GOBERNO PARA PEDIRLLE AO ESTADO O APRAZAMENTO DA DEVOLUCIÓN DE 308.000 EUROS POLA PARTICIPACIÓN NOS SEUS TRIBUTOS DE 2009.
Burela, 29 de xullo de 2011. No pleno do Concello aprobóuse por unanimidade unha moción de urxencia presentada polo equipo de goberno para pedirlle ao Estado o aprazamento da devolución pola participación nos seus tributos de 2009, que ascende a 308.000 euros.
O alcalde, José Mª González Barcia, sinalou que “se trata dun acordo importante porque reflexa a preocupación do conxunto da Corporación Municipal, xa que devolver eses cartos dunha anualidade pode traer consigo tamén que haxa que devolver outros correspondentes aos anos 2010 e 2011. Nós temos que devolver no conxunto en 2012, 2013, 2014 e 2015 uns 100.000 euros anuais e iso pon a situación económica do Concello de Burela na picota, porque estamos literalmente colgados ao ter que devolver estes cartos e imos ter que facer algún tipo de recorte”.
O rexedor lembrou que “nós xa dixemos no pleno que non imos facer ningún tipo de recorte de carácter social, pero algún haberá que facer, porque teremos 100.000 euros de ingresos para o ano que ven, pero non só para o ano que ven senón para os vindeiros catro anos”. González Barcia dixo que “esta posición foi compartida polo resto dos grupos políticos” e agarda que “a partires de agora non haxa ningún tipo de intento de darlle a volta á tortilla cando a situación é a que é. Espero e confío en que os grupos políticos que forman parte da oposición municipal sexan consecuentes co que onte votaron, porque en definitiva se trata de que os cidadáns de Burel atemos que devolver 100.000 euros para o ano que ven”.
Tamén se aprobou por unanimidade na sesión plenaria de onte a nova ordenanza sobre a licencia de apertura de novos establecementos. O alcalde subliñou que “eso significa non só unha adaptación á normativa europea senón que tamén se fai unha rebaixa considerable a aqueles establecementos máis comúns e corrientes, que teñen como moito 200 metros cadrados. A eles váiselles reducir nun 33% a taxa de apertura”.
Consorcio galego
González Barcia tamén se referiu ás declaracións realizadas nas últimas horas pola portavoz do grupo mixto nas que ésta aseguraba que o pleno de onte era carente de contido e lembrou que “hai catro anos o bipartito levou como punto estrella da orde do día do primeiro pleno ordinario que se celebraba despois das municipais do 2007 a inclusión do Concello de Burela no Consorcio Galego de Servizos Sociais. Foi unha inclusión que no seu momento eles votaron a favor, pero que a día de hoxe trae consigo que o Concello lle deba a dito Consorcio 220.000 euros que non constan nos presupostos municipais do presente ano”.
O alcalde manifestou que “un esquecemento que a anterior tenente de alcalde e agora portavoz do grupo mixto terá que aclarar. Son datos que están constatados e que son fehacientes. Si antes a nós nos meteron nunha situaciación que agora é insostible, nós empezamos o noso mandato municipal intentando ofrecerlles aos comerciantes e pequenos e medianos empresarios de abrir establecementos con prezos públicos máis baixos e intentando aguantar os postos de traballo que hai agora mesmo, eso sí, sin necesidade de meter ao Concello en máis gastos”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



