Nota de prensa
RAQUEL ARIAS VISITA O SALTILLO EN RIBADEO ANTES DE QUE O BUQUE ZARPE RUMBO A BURELA NA SÚA PEREGRINACIÓN POLO CAMIÑO NORTE
Nesta iniciativa de promoción da ruta xacobea participan Galicia, a través da Xunta, e as comunidades de Asturias, Cantabria e Euskadi
Ribadeo, 23 de xullo de 2011.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe o buque Saltillo, que fixo parada en Ribadeo antes de partir cara a Burela na súa peregrinación polo Camiño Norte.
Durante a recepción oficial celebrada no club náutico ribadense, a delegada destacou a importancia simbólica desta travesía, “un dos primeiros resultados concretos que produce un proxecto impulsado en común por catro comunidades autónomas e que persegue a declaración do Camiño Norte como Patrimonio da Humanidade”.
O buque Saltillo está a realizar unha peregrinación institucional promovida polas comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, iniciativa que pretende atraer a atención sobre a proposta para conseguir que a ruta xacobea que atravesa estes territorios sexa Patrimonio da Humanidade.
A delegada destacou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa, que ven a ampliar o valor das rutas xacobeas no mundo e, no ámbito provincial, supón un claro incentivo para os intereses turísticos da comarca da Mariña. “O Camiño defínese polo seu valor espiritual, ao que engade outros valores culturais e patrimoniais que tamén debemos reivindicar e que se fan evidentes nesta comarca da Mariña que nos acolle”, apuntou Arias.
Na mesma liña, gabou “a beleza do Camiño Norte ao longo de todo o seu percorrido peninsular, seguindo a liña da costa por localidades como Deba, Laredo, Llanes ou Ribadeo, pero tamén introducíndose no interior ata Gernika, Santillana del Mar ou, xa na nosa provincia, Abadín, Vilalba ou Baamonde”.
O buque Saltillo arribou ao porto de Ribadeo ás 11.00 horas –onde puido ser visitado por todas as persoas interesadas ao longo da mañá- e arredor das dúas da tarde partiu cara a Burela, a onde ten previsto chegar en torno ás 18.00 horas para posibilitar tamén a visita a quen así o desexe.
Na recepción oficial celebrada en Ribadeo participaron ademais representantes do departamento de Cultura do Goberno Vasco así como da oficina técnica dos Camiños a Santiago nesta comunidade.
Tamén asistiron Juan Pensado, en representación da SA de xestión do Xacobeo; Mikel Lejarza, capitán do Saltillo; a concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana María Martínez Fernández; Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros e presidente da mancomunidade de municipios da Mariña, así como alcaldes e representantes dos concellos de Trabada, Lourenzá e Mondoñedo, da asociación Amigos dos Camiños a Santiago na provincia de Lugo e da asociación de Amigos do Camiño Norte, entre outros.
O acto final para selar esta iniciativa –que comezou o día 14 no porto de Hondarribia- celebrarase o vindeiro día 24 en Santiago de Compostela, e contará coa participación de personalidades e representantes políticos das catro comunidades autónomas.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



