O Concello de Trabada dentro do seu programa de verán de actividades deportivas e de lecer convoca o III CAMPAMENTO URBÁN que se celebrará do 1 ao 12 de agosto nas instalacións do Ceip Celso Currás e na que participarán 30 nen@s con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos . O obxectivo da actividade é o de favorecer a creación de espazos e tempos lúdico-creativos para o desenvolvemento persoal. Nel levaranse a cabo diversas actividades lúdicas con horario ininterrumpido dende as 10 da mañá ata as 14 horas da tarde (xogos de pistas, obradoiros, xogo da oca, ximkana deportiva, xogos na piscina, excursión ao Parque Acuático de Cerceda,…).





















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



